DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15550

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, convocado pola Orde do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 230, do 4 de decembro) para cualificar este proceso selectivo

ACORDOU:

Primeiro. Na sesión que tivo lugar o 15 de febreiro de 2024, ao abeiro do previsto na base III.1.2.8. da convocatoria, logo de revisar as reclamación presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o 27 de xaneiro de 2024, anular as preguntas 33, 104 e 124. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 144, 145 e 148, respectivamente. Desestímanse as restantes reclamación presentadas ao dito exercicio.

Segundo. De conformidade coa base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.

Terceiro. Segundo a base II.1.1.1, só superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas; en concreto, será un número máximo de dezaseis (16) persoas. Unha vez feita a corrección, acadou a puntuación mínima de 15 puntos un total de 16 aspirantes, polo que se fixa en noventa e tres (93) o número de respostas correctas para lograr a dita puntuación.

Cuarto. O tribunal acorda publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

Quinto. De acordo coa base III.1.2.8. da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024

Felipe García Calvo
Presidente do tribunal