DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15561

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 16 e 21 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro),

ACORDÓ:

Primeiro. Anular, unha vez revisadas as reclamacións presentadas, as preguntas 25, 51, 60 e 62 do primeiro exercicio do proceso selectivo. O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 141, 144, 145 e 146.

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de quince (15) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, pola Resolución deste tribunal do 8 de xaneiro de 2024, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación deste primeiro exercicio:

– Superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de oito (8) persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

– Unicamente de se dar o caso de non completar o número de 8 persoas aprobadas, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de oito (8) persoas aspirantes.

– O criterio expresado de obtención neste primeiro exercicio dunha porcentaxe mínima de acertos en cada unha das súas partes vén referido respectivamente á primeira parte de contido teórico (30 preguntas) da parte xeral común e á segunda parte de contido teórico e práctico (110 preguntas) da parte específica, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra.

– Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores consideraranse igualmente aprobadas.

– O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 15 puntos. Asignarase a valoración de 15 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Realizada a corrección na sesión do 21 de febreiro de 2024, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 7 persoas aspirantes e fixouse en 56 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Rocío Jurjo Agulleiro
Presidenta do tribunal