Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:
Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081 5363 20 0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).
Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Pontevedra, 9 de febreiro de 2024
José Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
| DNI/NIF/NIE | Concepto | Período | Débeda | 
| 035294711S | Fra. 202306407 | 27.11.2023 | 256,87 | 
| Y6341646P | Fra. 202306416 | 28.11.2023 | 536,68 | 
| Y04971484W | Fra. 202306418 | 28.11.2023 | 401,94 | 
| 054337444J | Fra. 202306420 | 28.11.2023 | 442,29 | 
| X06061364J | Fra. 202306422 | 28.11.2023 | 723,18 | 
| 035452986G | Fra. 202400460 | 17.1.2024 | 361,59 | 
| 076931546L | Fra. 202400469 | 17.1.2024 | 401,94 | 
| 071506526D | Fra. 202331045 | 21.9.2023 | 401,94 | 
| 035480240A | Fra. 202331440 | 14.11.2023 | 361,59 | 
| 072244978T | Fra. 202331441 | 14.11.2023 | 401,94 | 
| 035471652V | Fra. 202331442 | 14.11.2023 | 361,59 | 
| 035288132Z | Fra. 202331443 | 14.11.2023 | 361,59 | 
| 036069028Z | Fra. 202331444 | 14.11.2023 | 542,59 | 

