DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 15898

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2024 pola que se conceden as axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 15 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2024.

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 228, do 30 de novembro de 2023, publicouse a Orde do 15 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2024.

Segundo. Ao abeiro da indicada convocatoria, as entidades interesadas que figuran no anexo a esta resolución presentaron a correspondente solicitude de axudas.

Terceiro. O 5 de febreiro de 2024 o órgano instrutor formulou o informe proposta de concesión de axudas das solicitudes presentadas polos importes que se indican no anexo.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade é competente para resolver as solicitudes de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, de acordo coa delegación outorgada ao seu favor pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade no artigo 10 da citada Orde do 15 de novembro de 2023.

Segunda. As entidades solicitantes cumpren os requisitos previstos na orde de convocatoria para seren beneficiarias, e a súa solicitude axústase ás previsións da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e á súa normativa de desenvolvemento. Xa que logo, analizado o contido do expediente, do informe de valoración e da proposta formulada polo órgano instrutor, considérase axeitado o outorgamento das axudas nas contías da indicada proposta.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Outorgar ás entidades que figuran no anexo e polos importes que nel se indican as subvencións con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.512A.481.1, para executar o plan formativo de acordo coas condicións e para a relación de cursos subvencionables que foron comunicados polas ditas entidades.

As entidades beneficiarias asumen as obrigas establecidas con carácter xeral nas bases reguladoras e na normativa de subvencións e, especificamente, as previstas no artigo 18 das bases. De acordo co artigo 4.3 das bases reguladoras, estas axudas serán compatibles con calquera outra outorgada por outros departamentos, administracións ou entes públicos ou privados, nacionais e internacionais.

De acordo co disposto no artigo 19 da orde, o 2 de novembro de 2024 será o último día para presentar a documentación xustificativa das accións formativas realizadas ao abeiro desta convocatoria. As entidades beneficiarias deben xustificar as actividades formativas subvencionadas achegando a documentación que se indica no artigo 19.2 das bases reguladoras, dentro do prazo mencionado.

Segundo o artigo 20 das bases reguladoras, unha vez examinada a documentación presentada aboaranse as cantidades que correspondan ás actividades correctamente realizadas, mediante transferencia bancaria ao número de conta indicado na solicitude.

Tal e como establece o artigo 2.3 das bases reguladoras, o importe outorgado destinarase a realizar a totalidade dos cursos do plan formativo. Non obstante, se as demandas formativas o aconsellasen, poderá destinarse á realización doutros cursos relacionados coas materias contidas no plan, ou a incrementar o número de edicións dos xa incluídos nel, sempre que non se supere o importe global outorgado e a contía individual de cada curso non supere os límites máximos fixados na guía de referencia. Igualmente, no caso de que a contía global da axuda outorgada non cubra o custo de todo o plan formativo, a entidade beneficiaria poderá aplicala á realización daqueles cursos ou seminarios incluídos nel que resulten de maior interese para o alumnado. En todo caso, os cursos que se van realizar, así como os posibles cambios que os afecten, deberán serlle comunicados á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte nos termos do artigo 21.3 das bases.

O artigo 22 das bases reguladoras permite que o beneficiario subcontrate a realización dos cursos ou seminarios ata o total da actividade subvencionada, respectando en todo caso os límites establecidos na devandita disposición, entre os que cómpre destacar que se a actividade concertada con terceiros excede o 20 % do importe da subvención e o dito importe é superior a 60.000 euros, a subcontratación debe autorizarse previamente á súa realización pola persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade e figurar nun contrato escrito no caso de que sexa autorizada.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación; ou ben, alternativamente, poderá ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados do mesmo xeito, consonte o artigo 16 das bases reguladoras.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2024

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Orde do 15.11.2023; DOG núm. 228, do 30 de novembro)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas
ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias
do transporte, ou ás federacións destas para a formación
en relación co transporte por estrada en Galicia para 2024
(aplicación orzamentaria: 08.02.512A.481.1)

NIF

Entidade

Importe

G15086358

Federación Galega de Transporte de Mercadorías (Fegatramer)

80.852,60 €

G15640808

Federación Galega de Asociacións de Transportes en Autocar (Transgacar)

57.731,21 €

G32400293

Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais de Transporte (Fegatrans)

152.854,05 €

G36627719

Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra (Asetranspo)

80.816,47 €

G32345670

Federación Empresarial de Transporte de Mercancías por Carretera de Galicia (Fetram)

66.076,59 €

G70231121

Asociación de Transporte Urbano Colectivo de Galicia (Urbanos)

10.729,77 €

G15248859

Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionales y Especiales (Acotrades)

48.121,39 €

G70037544

Asociación Empresarial de Alquiler de Vehículos con e sen Condutor de Galicia (Galeval)

2.817,92 €

Total

500.000,00 €