DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16057

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria de nove prazas de axente de emerxencias pola quenda de promoción interna e sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 9, do 11 de xaneiro de 2024, e corrección de erros no BOP nº 17, do 23 de xaneiro de 2024, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, nove prazas de axente de emerxencias, con nivel de titulación de graduado na ESO ou equivalente, vacantes no cadro de persoal do Concello, pola quenda de promoción interna e sistema selectivo de concurso-oposición. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 5 de febreiro de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto de alcaldía 2013003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenenta de alcalde delegada de Persoal