DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16142

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

Na sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2024, o tribunal que cualifica o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, nomeado pola Resolución do 13 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Anular as preguntas número 42, 56 e 90. Estas preguntas son substituídas polas preguntas de reserva número 144, 145 e 146, respectivamente.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e/ou alegacións presentadas ao dito exercicio.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1., o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Tendo en conta o anterior e o Acordo deste tribunal, do 18 de xaneiro de 2024, polo que se deu publicidade aos criterios de corrección do primeiro exercicio, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que acaden o mínimo do 50 %, en cada unha das dúas partes, das respostas correctas, unha vez realizados os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de catro (4) persoas aspirantes.

No caso de que o número de aspirantes que supere este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 %, en cada unha das partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocado nesta quenda.

Cuarto. Realizada a corrección dos exames na sesión deste tribunal de acordo coas normas e criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 4 aspirantes e fixouse en 70 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na dita base da convocatoria, e sempre que se acaden os mínimos fixados para as partes primeira (15 respostas correctas) e segunda (55 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. As respostas incorrectas descontan un cuarto dunha pregunta correcta e as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Quinto. Publicar, no portal web corporativo da Xunta de Galicia (https://www.xunta.gal/funcion-publica), as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, e son declaradas aptas.

Ao respecto das persoas que non acadaron algunha da porcentaxe mínima do 50 %, publícase a relación correspondente, e son declaradas non aptas. Sinálanse para cada aspirante as partes *1, *2 e *3 (ambas as partes) en que non se cumpriu a condición da porcentaxe mínima do 50 %.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade coa base V.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería con competencias en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024

Roberto Álvarez Fraguas
Presidente do tribunal