DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16146

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia (DOG núm. 230, do 4 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria, na sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2024, logo de revisar as reclamacións presentadas en relación co primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio, realizado o 28 de xaneiro de 2024, anular a pregunta número 95 e substituíla pola correspondente pregunta número 144 de reserva. As restantes reclamacións desestímanse na súa totalidade.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

Para estes efectos, de acordo co disposto na citada base, este tribunal o 15 de xaneiro de 2024, estableceu os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio, de acordo coas bases do proceso selectivo.

Mediante este acordo estableceuse que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de 4 persoas aspirantes, determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas (1), sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, tendo en conta que cada pregunta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Subsidiariamente, de se dar o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, tendo en conta que cada pregunta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Aquelas persoas aspirantes que empaten coas súas puntuacións na última posición dentro do número máximo resultante entenderanse incluídas, en todo caso, dentro do número de persoas que superan o exercicio, aínda que este número resultante sexa superior ás porcentaxes aplicadas.

Terceiro. Realizada a corrección dos exames na sesión do 22 de febreiro de 2024, de acordo coas normas e criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 4 persoas aspirantes, e fixou este tribunal en 95,5 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación mínima, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base III.1.1 da convocatoria.

Para a obtención do dito número de persoas que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio, non foi preciso aplicar o criterio subsidiario de porcentaxe neta de aprobados sinalado do 40 % de respostas correctas netas en cada unha das partes.

As persoas que superaron o exercicio teñen unha cualificación distribuída dos 15 aos 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Cuarto. De acordo coa base III.1.2.7 da convocatoria, publícase no Diario Oficial de Galicia a anulación da pregunta 95 e a súa substitución pola correspondente pregunta 144 de reserva.

Quinto. De acordo coa base III.1.2.8 da convocatoria, publícanse no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes ao primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio, do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron a puntuación mínima de 15 puntos establecida na base III.1.1 da convocatoria.

De acordo con esta base, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De acordo co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024

María Conde Abalo
Presidenta do tribunal