Convócanse prazas de persoal laboral fixo coas seguintes características:
Número e tipo de prazas: 4 (catro) prazas de oficial de mantemento.
Tipo de contrato: contrato fixo.
Proceso selectivo: concurso-oposición.
As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, número 1, e tamén na páxina web www.portovilagarcia.es
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es
Vilagarcía de Arousa, 5 de febreiro de 2024
José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa