DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de setembro de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude, presentada polo Club de Mar Ría de Aldán, de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Aldán en superficie e do edificio pavillón deportivo para o desenvolvemento da actividade de formación e promoción de deportes náuticos (piragüismo) e almacenaxe de embarcacións (expediente 13-19-23-C1).

Club de Mar Ría de Aldán solicita concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do Aldán en superficie e do edificio pavillón deportivo, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de formación e promoción de deportes náuticos (piragüismo) e almacenaxe de embarcacións.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 11 de setembro de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia