DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara á Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Laura Dionisia Garrido Rodríguez.

Antecedentes.

Por Resolución do 27 de marzo de 2023, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Laura Dionisia Garrido Rodríguez (ABI/2017/0063).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N. núm. 97, do 24 de abril de 2023), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 71, do 13 de abril de 2023), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos da Coruña, Pontevedra e Mos por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos que se acredita o seu falecemento, o 1 de decembro de 2015 na Coruña, e que, aínda que tiña outorgado testamento, este resultou ineficaz por premoriencia das persoas instituídas, non constando tampouco familiares con dereito a suceder. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello da Coruña, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que cando menos forman parte do cadal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, e sen prexuízo da inclusión daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis.8.

Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, título III, artigos 147 e seguintes.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 113/2022, do 16 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Laura Dionisia Garrido Rodríguez, con DNI: 32102631-J, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

– Contratos e outros efectos bancarios:

• Abanca, conta de aforro: ES98 2080 0042 5030 0001 5383.

• Abanca, conta de aforro: ES83 2080 0008 3030 0012 1153.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos da Coruña, Pontevedra e Mos.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio