De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe |
Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada |
Titular: Worldwide Fishing Company, S.L. |
|
Localización: concello de Redondela (Pontevedra) |
Núm. de rexistro AAI: 2007/0029_NAA/IPPC_147 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, empregando o seguinte código de busca: 2007/0029, ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático