DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16597

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial (Diario Oficial de Galicia número 222, do 22 de novembro de 2023), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 13 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración pública, sita na rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno, a xuízo do tribunal, acreditativo da súa identidade e de bolígrafo de tinta azul.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio.

Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

José Manuel González González
Presidente do tribunal