DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16718

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2024.

Mediante a Resolución de Alcaldía 2024-0070, do 30 de xaneiro de 2024, deste concello, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2024, correspondente ás prazas que a continuación se sinalan:

Persoal funcionario quenda libre:

GR

Denominación

Funcións

Xornada

Nº posto RPT

C1

Administrativo/a

1

Admón. xeral

Completa

01.00.04

Persoal laboral quenda libre:

GR

Denominación

Funcións

Xornada

Nº posto RPT

AP

Xefe/a brigada

1

Admón. especial

Completa

03.01.02

AP

Limpador/a

1

Admón. especial

80 %

6 horas diarias

03.02.02

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público do Concello da Lama para o ano 2024.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

A Lama, 30 de xaneiro de 2024

David Carrera Cal
Alcalde