DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16771

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 28 de novembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

A Orde do 1 de agosto de 2023 (DOG núm. 156, do 18 de agosto), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, estableceu as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2023.

A Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 234, do 12 de decembro) adxudicou parcialmente as axudas de apoio á etapa predoutoral no ámbito das entidades alleas ao SUG.

O artigo 20 das bases da convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, dentro do prazo máximo de 15 días desde que se produza, e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de decembro de 2023. No mesmo artigo tamén se indica que para cubrir estas renuncias se seguirá a prelación das listas de espera definidas no artigo 11.7, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo á renuncia recibida na Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola entidade beneficiaria das axudas de apoio á etapa de formación predoutoral para o ano 2023 correspondente á persoa seleccionada que se relaciona no anexo I.

Segundo. Adxudicar a axuda á entidade e á persoa candidata da lista de espera desta convocatoria, que se relaciona no anexo II.

Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades beneficiarias alleas ao SUG, de acordo coa renuncia indicada e a nova axuda procedente da lista de espera, tal como se indica na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Acrónimo entidade*

Núm. axudas

Crédito (en euros)

2023

2024

2025

2026

2027

2028

Total

09.A2.561A.403.0

IIM-CSIC

1

1.000,00

20.000,00

31.000,00

25.000,00

30.000,00

8.400,00

115.400,00

09.A2.561A.443.05

Cesga

1

1.000,00

20.000,00

29.000,00

25.000,00

30.000,00

8.400,00

113.400,00

09.A2.561A.481.0

FBGS

2

2.000,00

40.000,00

60.000,00

50.000,00

60.000,00

16.800,00

228.800,00

FIDIS

4

3.000,00

74.000,00

120.000,00

100.000,00

118.250,00

42.350,00

457.600,00

FPNS

4

4.000,00

80.000,00

114.000,00

100.000,00

120.000,00

33.600,00

451.600,00

Total

12

11.000,00

234.000,00

354.000,00

300.000,00

358.250,00

109.550,00

1.366.800,00

A relación de acrónimos das entidades solicitantes citados na táboa anterior é a seguinte:

Acrónimo da entidade

Denominación completa

NIF

IIM-CSIC

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Q2818002D

Cesga

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

G15852981

FBGS

Fundación Biomédica Galicia Sur

G36911972

FIDIS

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

G15796683

FPNS

Fundación Profesor Novoa Santos

G15335219

Cuarto. Declarar extinguida a lista de espera ao abeiro desta convocatoria.

Quinto. A data de comezo dos novos contratos será o día 16 de marzo de 2023 e a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

Sexto. A entidade beneficiaria da nova axuda deberá remitir un escrito de aceptación á Axencia Galega de Innovación no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vinculará a persoa seleccionada ao seu organismo mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 16 das bases da convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e, así mesmo, serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que esta se presentase ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

María Jesús Lorenzana Somoza
Presidenta da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Renuncia á axuda concedida

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Zona estadía

Data de renuncia

IN606A-2023/012

FPNS

González

Pinto

Lucía

***9547**

3

Non chegou a asinar contrato

ANEXO II

Axuda da lista de espera concedida

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Zona estadía

Puntuación

IN606A-2023/004

FIDIS

Peinado

Muñoz

Marina

***6743**

2

77,7160