DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Instalación telecontrol apoio 9TJ8VGTV116B4 na LMTA CII818.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmaselles ás persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación telecontrol apoio 9TJ8VGTV116B4 na LMTA CII818, no concello de Cangas do Morrazo, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 20 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/040.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación telecontrol apoio 9TJ8VGTV116B4 na LMTA CII818.

Concello: Cangas do Morrazo.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

36008A044004100000JU

Descoñecido

1 de abril de 2024

2024/54/39