Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento parcial do monte veciñal en man común de Vilarello I con propiedades particulares, presentada o 12.9.2023 e 20.12.2023 pola comunidade propietaria do monte.
O 19.2.2024, o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable relativo a esta proposta.
Contra o deslindamento proposto, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios afectados.
Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.
Lugo, 21 de febreiro de 2024
Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo