Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria e do requirimento aos titulares das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada peche de LMTA REG803 e REG806 en CT 32C547, situada nos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.
Ourense, 21 de febreiro de 2024
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2023/17-3.
Instalación: peche de LMTA REG803 e REG806 en CT 32C547.
Concellos: Montederramo e Xunqueira de Espadanedo.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
8 |
Pena da Malla |
32038A036000440000KE |
Descoñecido |
12.2.2024 |