DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 22 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Acto notificado

Maximiliano Masip Alejandro, Carlos Masip Alejandro e Mª Estrella Alejandro Álvarez

Resolución do 8 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS SDM704, CT Raviso, no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/690-4).

María Teresa Boullosa Fernández e José Boullosa Farto

Resolución do 21 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS, CT O Pobo, no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/128-4).