De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación á persoa interesada, e para este fin comunícaselle que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición na rúa Cimadevila, 1, Barbadás.
Acto que se vai notificar: requirimento de xestión da biomasa.
Prazo: 10 días hábiles.
Interesada |
Expediente |
Ramona Masid González |
165/2024 |
Barbadás, 22 de febreiro de 2024
Xosé Carlos Valcárcel Doval
Alcalde