DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17336

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 29 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 4 de decembro de 2023 (DOG núm. 232, do 7 de decembro; corrección de erros no DOG núm. 237, do 15 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 20 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

Oliva Amorín López
Presidenta do tribunal