En sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 230, do 4 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 18 de marzo, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e de bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024
Felipe García Calvo
Presidente do tribunal