DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de autorización de verteduras no expediente de clave DH.V15.98172.

Antonio Gómez Mato, de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para a vertedura por infiltración no terreo (cunca do río Ulla) dun caudal máximo de 780 m3/ano de augas residuais industriais e pluviais depuradas procedentes das instalacións dun taller mecánico e centro de xestión de vehículos ao final da súa vida útil localizado no lugar do Barreiro (termo municipal de Melide).

As augas residuais industriais xeradas na limpeza interior da nave e as augas residuais pluviais xeradas na zona de recepción e almacenamento de vehículos descontaminados son tratadas nun separador de hidrocarburos dotado de decantador e sistema de coalescencia. Logo do seu tratamento, estas augas residuais vértense por infiltración no terreo (cunca do río Ulla) mediante unha gabia filtrante, no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=576.990; Y=4.752.177.

As augas residuais fecais xeradas nas instalacións son almacenadas nun depósito estanco, sen vertedura ao dominio público.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia, en cuxo portal da internet (https://augasdegalicia.xunta.gal/) se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras