DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha persoa propietaria da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña) para ser notificada por comparecencia dunha resolución que modifica as bases definitivas da zona de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), unha persoa propietaria da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificada por comparecencia dunha resolución que modifica as bases definitivas da zona de concentración.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 26 de febreiro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

ZCP Gonzar II (O Pino) RDX 01.02.24

DNI/nome

Nº de propietario

Acto notificado

33156678Q

240

RDX 01.02.24