DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2024 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia nos expedientes 15R001-7-2024 SSP e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 e co artigo 41 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos (BOE do 31 de marzo), sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os Servizos Centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo
e da Competencia

ANEXO

Expedientes: 15R001-7-2024 SSP e 15R001-8-2024 SSP.

Interesada: Cartonaje Esterella Iberia, S.L.

CIF: B45854106.

Actos notificados: acordos de inicio de medidas administrativas de reacción para garantir o deber xeral de seguridade dos produtos 15R001-7-2024 SSP e 15R001-8-2024 SSP.