DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Guarda (expediente IN407A 2023/223-4).

Expediente: IN407A 2023/223-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063, LMTS ROS808 e do CT Camposancos.

Concello: A Guarda.

Feitos:

1. O 17.4.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de substitución do apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063, LMTS ROS808 e do CT Camposancos.

Unha vez examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade resolver os problemas de subtensións no lugar de Salgueiró, na parroquia de Camposancos, no concello da Guarda (Pontevedra), mediante as seguintes actuacións:

Instalación dun centro de transformación rural fin de liña de 160 kVA telexestionado, manobra exterior en envolvente prefabricada de formigón que se conectará á liña de media tensión aérea LMTA ROS808, no tramo ROS8080063.

Substitución do apoio 9OR9A24N//9OR9A24N no tramo ROS8080063 por un apoio metálico C-1000/14, no cal se instalará un ITC.

Substitución dun total de 157 metros de condutor LA-56 desde o apoio 9OUMI84L//9OUMI84L ata o apoio proxectado.

Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 611 metros de lonxitude para alimentar o centro de transformación proxectado.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello da Guarda, a Axencia Galega de Infraestruturas, o Instituto de Estudos do Territorio, o Servizo do Patrimonio Cultural, o Servizo do Patrimonio Natural e Telefónica de España, S.A.U. A empresa promotora manifestou a súa conformidade coas condicións emitidas polo Servizo do Patrimonio Cultural e Telefónica España, S.A.U.

Os demais organismos non emitiron as condicións técnicas e enténdese, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. Como non foi posible efectuarlles a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas pola declaración de utilidade pública solicitada pola empresa promotora, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 5.6.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 8.6.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 5.5.2023 publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 2.6.2023.

Xornal Faro de Vigo: 30.5.2023.

Taboleiro de anuncios do Concello da Guarda.

Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 157 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9OUMI84L//9OUMI84L da LMTA ROS8080063 e final no apoio proxectado 9OR9A24N//9OR9A24N (substitución do apoio existente por un C-1000/14).

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 611 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 160 kVA con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36023A035000850000UL, no lugar de Salgueiró, a carón do número 35.

A instalación está situada en Salgueiró, parroquia de Camposancos, no municipio da Guarda (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica de substitución do apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063, LMTS ROS808 e CT Camposancos, expediente IN407A 2023/223-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nas condicións dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial xunto coa seguinte documentación:

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

Un certificado da dirección de final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas adecuadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra