DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Catoira (expediente DH.A36.82532).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Pozo do Rego.

DNI: ***3123**.

Expediente: DH.A36.82532.

Volume total anual: 1.773,9 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: captación nº 1: 0,025 l/s; captación nº 2: 0,028 l/s; captación nº 3: 0,027 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 521696, y= 4720781 (fuso 29 ETRS89); x= 521700, y= 4720776 (fuso 29 ETRS89); x= 521696, y= 4720781 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Devesa.

Parroquia: Abalo (San Mamede).

Concello: Catoira.

Descrición do aproveitamento:

O obxecto da presente solicitude é a novación da concesión de augas públicas outorgada á Comunidade de Usuarios de Pozo do Rego mediante a resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 12 de decembro de 2003 e a modificación da concesión outorgada consistente na incorporación dun novo punto de captación (captación nº 2).

O aproveitamento consiste na captación de augas de tres mananciais. A captación nº 1 Pozo do Rego, situada na parcela 36010A080001570000DE, executouse mediante unha arqueta de captación en ladrillo de 0,75×0,75. As captacións nº 2 y 3 Pozo do Rego, na parcela 36010A080001580000DS, realizáronse mediante pezas de formigón prefabricadas en aros de 1,20 m de diámetro.

As augas procedentes das captacións nº 1 e 2 son conducidas á captación nº 3 e desde a mesma parte o tubo de condución que envía as augas á arqueta de reparto situada no local que alberga os depósitos reguladores individuais a uns 537 m, na parcela 36010A045201800000DG, para a súa distribución en tubos individuais ás vivendas abastecidas.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro