DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17827

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 4 de marzo de 2024 polo que se fan públicos os resultados xerais e por circunscricións e a relación de deputadas e deputados proclamados electos nas eleccións ao Parlamento de Galicia do día 18 de febreiro de 2024.

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 6 de marzo de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 17322, na epígrafe I, Resultados xerais, no recadro Núm. de votos a candidaturas, onde di: «1.488.805», debe dicir: «1.488.705», e no recadro Núm. de votos válidos, onde di: «1.501.857», debe dicir: «1.501.757».