DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18126

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 6 de marzo de 2024, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 17348, onde di: «A dita constitución tivo lugar o día 21 de decembro de 2023», debe dicir: «A dita constitución tivo lugar o día 11 de xaneiro de 2024».