DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18509

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade a un encargo de xestión, para os exercicios 2024 e 2025, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización de diversas actuacións de traballos de apoio e mantemento dos espazos exteriores do Monte Gaiás.

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: 16 meses.

Importe: 166.318,83 €.

Tarifas aplicables: réxime de tarifas aprobado o 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia