DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para establecer as condicións de implantación de edificacións no Camiño da Insua, números 40-42.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 25 de xaneiro de 2024, adoptou o seguinte acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle para establecer as condicións de implantación de edificacións no Camiño da Insua, núms. 40-42, Laxe, expediente número 2022/X999/000014:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle descrito nos antecedentes:

«Por iniciativa privada solicitouse, para os efectos de completar ou adaptar as determinacións da ordenación pormenorizada, a aprobación do seguinte estudo de detalle que afecta os inmobles coas seguintes referencias catastrais:

Identificación catastral

9560215MH9896S0001DB

9560218MH9896S0001JB

9560214MH9896S0001RB

9560206MH9896S0001TB

9560216MH9896S0001XB

9560219MH9896S0000WL

9560220MH9896S0000UL

15041A001001580000FG

O obxecto do estudo de detalle presentado á vista da súa memoria é a ordenación de volumes edificables de dúas parcelas lindeiras incluídas no quinteiro m02 do PXOM, en cumprimento do artigo 79.b) da Lei 2/2016, así como establecer as novas condicións de implantación das novas edificacións que se van executar nos solares sitos no Camiño da Insua números 40 e 42 do núcleo urbano de Laxe, e acadar as condicións mínimas para que os solares sexan edificables.

Ante a perspectiva da construción dunha vivenda na parcela catastral 9560215MH9896S0001DB e co fin de evitar que a parcela 9560218MH9896S0001JB sexa non edificable e tamén deste xeito que a medianeira da edificación existente na parcela 9560216MH9896S0001XB quede vista na súa totalidade.

Proponse segundo a documentación presentada a construción de dous volumes continuos á edificación existente cubrindo un mínimo dun 60 % da fachada para intentar acadar unha imaxe homoxénea do conxunto e dar a condición de edificable a todas as parcelas, non creando espazos mortos dentro da trama urbana».

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo da aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro do Plan Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde-presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

O contido íntegro do estudo de detalle estará á disposición do público no enderezo electrónico: www.concellodelaxe.com

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Laxe, 16 de febreiro de 2024

O alcalde
P.S.L. (Artigo 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro)
Francisco Charlín Oróns
Primeiro tenente de alcalde