DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19288

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 8 de marzo de 2024, a comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria, que a proba tipo test da oposición terá lugar o día 23 de abril de 2024, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, de acordo coa seguinte distribución:

1. Aula 8.

Grupo V, categoría 02

Axudante/a de traballos ou oficios

Grupo V, categoría 12

Peón/oa laborante

2. Aula 10.

Grupo V, categoría 03

Ordenanza

Grupo V, categoría 08

Peón/oa agrario

3. Aula 11.

Grupo V, categoría 01

Camareiro/a limpador

Grupo V, categoría 10F

Peón/oa forestal

Grupo V, categoría 11

Limpador/a

4. Aula 12.

Grupo V, categoría 11

Limpador/a

As listaxes coa distribución de persoas aspirantes por aula estarán dispoñibles no portal web corporativo www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul ou negra.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Para o desenvolvemento desta proba poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.

Considérase que se axusta ao anteriormente exposto levar os textos legais acoutados; non é necesario levar completos os textos legais sobre os que se formulou a batería de preguntas, sempre que eses textos non leven comentarios nin ningunha outra alteración ou modificación. Os textos legais poden estar subliñados sempre que non leven ningún tipo de anotación.

Está permitido que os textos legais leven unha marca de auga ou un logo indicativo da entidade que os elaborou, sempre e cando cumpran as restantes condicións anteriormente indicadas.

Durante a realización da proba non está permitido o uso da batería de preguntas publicada na páxina web.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal