DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19397

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios Fonte Vella

ANUNCIO da convocatoria xeral ordinaria.

América Martínez Álvarez, con DNI ***0710**, en nome e representación da Comunidade de Usuarios Fonte Vella de Baredo, convoco a asemblea xeral ordinaria que terá lugar o domingo, 21 de abril de 2024, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda convocatoria, no Centro Cultural de Baredo, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Ratificación da Xunta Directiva, renuncia e toma posesión do/da novo/a secretario/a.

3. Informe da Presidencia.

4. Presentación do orzamento para 2024.

5. Solicitude de novos enganches.

6. Constitución do Xurado de auga con persoas voluntarias ou por sorteo.

7. Rogos e preguntas.

Baredo, 21 de febreiro de 2024

América Martínez Álvarez
Presidenta da Comunidade de Usuarios Fonte Vella