DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 19971

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, relativo á baremación definitiva dos méritos do concurso, á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as e pola que se convoca para o acto telemático de elección de destino.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo ás puntuacións definitivas de méritos do concurso obtidas polas persoas aspirantes no proceso selectivo para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área nas especialidades de Alergoloxía, Análises Clínicas, Anatomía Patolóxica, Anestesioloxía e Reanimación, Aparello Dixestivo, Cardioloxía, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía, Endocrinoloxía e Nutrición, Farmacia Hospitalaria, Hematoloxía e Hemoterapia, Medicina Física e Rehabilitación, Medicina Interna, Microbioloxía e Parasitoloxía, Nefroloxía, Neuroloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Otorrinolaringoloxía, Radiodiagnóstico, Reumatoloxía, Uroloxía, Psiquiatría e Psicoloxía Clínica

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e os aspirantes presentados.

Terceiro. Co obxectivo de acadar a máxima axilidade na incorporación dos/das profesionais das distintas categorías e especialidades, dada a dificultade de cobertura de persoal facultativo especialista dos hospitais dos distritos recollidos na Lei 2/2022 e para levar a cabo as accións previstas no Plan de saúde mental de Galicia, e en previsión de que algunha persoa aspirante relacionada no anexo I non presente a documentación prevista na base terceira desta resolución, non acredite cumprir os requisitos exixidos, ou non realice a elección de destino, de conformidade coa base novena da resolución de convocatoria, todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación para presentaren a seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría de facultativo especialista de área na especialidade a que concorre.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.

De acordo coa base novena da Resolución do 11 de maio de 2023, os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participaren no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. A relación de prazas que se ofertan aos/ás participantes no proceso, figuran como anexo I da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, corrección de erros (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio).

A prestación de servizos do persoal seleccionado neste concurso, efectuado en execución do Decreto 32/2023, do 13 de abril, realizarase en réxime de xornada ordinaria e complementaria (gardas), dentro do respecto ao réxime de xornada que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, sen que resulte de aplicación calquera réxime de exención de gardas por razóns de idade ata que transcorran dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso.

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

Os/as aspirantes seleccionados/as deberán elixir un número de destinos igual ao do posto que ocupa como seleccionado pola orde de prelación que considere. Sen prexuízo do exposto, se solicitan menos destinos que o posto que ocupan e non resultan adxudicatarios de praza, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións no proceso.

Os/as participantes no proceso selectivo, que non teñan a condición de seleccionados/as, poderán solicitar todos os destinos ofertados pola orde de prelación que consideren ou aqueles que sexan do seu interese. No suposto de quedaren prazas sen adxudicar entre os/as aspirantes seleccionados/as que figuran no anexo I desta resolución, o nomeamento realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que achegasen a documentación indicada no punto terceiro desta resolución e elixisen os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do/da aspirante que non resultou adxudicatario.

Os/as participantes no proceso selectivo que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección, do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Sexto. A orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso (nas especialidades en que existan diversas quendas), publicada no anexo I desta resolución, poderá ser alterada só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, no suposto de que a autoridade convocante estime a/as solicitude/s de alteración da orde por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas que, de ser o caso, realice algún/algunha dos/das aspirantes que superasen o concurso de méritos pola quenda reservada a persoas con discapacidade. Para estes efectos, os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo de dez días indicado no punto anterior, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Sétimo. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Oitavo. A non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

A Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, ditouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde, polo que, con base no que establecen o artigo 20.3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, así como o artigo 2 da Lei 2/2022, do 6 de outubro, imponse o máximo rigor na exixencia da incorporación efectiva ao servizo como requisito para adquirir a condición de persoal estatutario fixo e prevese expresamente no dito artigo que o persoal seleccionado nos concursos que se executen en aplicación da Lei 2/2022 deberá incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo, no destino adxudicado, para adquirir a condición de persoal estatutario fixo.

Tras adquirir esa condición de persoal estatutario fixo poderá participar nos concursos de traslados da súa categoría e especialidade, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría e/ou especialidade, cando cumpra os requisitos comúns e acredite dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso.

Aqueles/as seleccionados/as neste proceso que tomen posesión na categoría de facultativo especialista de área serán excluídos/as dos procesos de selección temporal en que estean inscritos/as no Servizo Galego de Saúde.

Respecto aos procesos de selección de persoal fixo na categoría de facultativo especialista de área (na mesma especialidade en que se obtén praza neste proceso) xa convocados e nos que estean participando, en concreto, o concurso-oposición convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro) e o concurso de méritos de estabilización convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro), serán excluídos/as destes procesos no momento en que como consecuencia da resolución deste concurso de méritos tomen posesión da praza na dita categoría e especialidade, dado que non se pode acceder posteriormente á mesma categoría e especialidade en que xa acreditan a condición de persoal fixo.

Noveno. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Aspirantes seleccionados/as categoría facultativo/a especialista de área

Facultativo/a especialista de área de Alergoloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****8151**

González Guzmán, Luis Alfredo

L

5,000

10,954

22,000

4,000

41,954

Facultativo/a especialista de área de Análises Clínicas

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****3281**

Rebollido Fernández, María Maira

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

2

****2348**

Fernández Hermida-Cadahia, Esperanza

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

3

****0573**

González Romarís, Elena María

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

Facultativo/a especialista de área de Anatomía Patolóxica

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****8400**

Hernández Cancela, Rosa María

L

1,875

12,050

22,000

3,450

39,375

Facultativo/a especialista de área de Anestesioloxía e Reanimación

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****4375**

González Salas, Nerea

L

5,000

12,550

22,000

4,000

43,550

2

****6121**

Liaño Rodríguez Navas, Tatiana María

L

5,000

12,040

22,000

2,800

41,840

3

****1498**

Iglesias Maldonado, María

L

5,000

12,030

22,000

2,800

41,830

4

****7682**

Freijeiro González, Marta Carolina

L

5,000

12,060

19,400

4,000

40,460

5

****7322**

Martínez García, Susana

L

5,000

12,670

18,000

4,000

39,670

Facultativo/a especialista de área de Aparello Dixestivo

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****6518**

Dos Santos Azevedo, Daniela Sofía

L

5,000

13,140

9,600

3,300

31,040

Facultativo/a especialista de área de Cardioloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****3759**

Pereira López, Eva María

L

5,000

12,220

21,000

4,000

42,220

Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****2597**

Cambón Cotelo, Javier

L

5,000

12,580

22,000

3,600

43,180

2

****4707**

Rubal Ledo, Xabier

L

5,000

12,500

22,000

2,900

42,400

3

****4095**

Denisiuk, Maciej

L

5,000

12,500

22,000

2,800

42,300

4

****6653**

Fernández Fernández, Daniel

L

5,000

12,560

20,200

4,000

41,760

5

****4976**

Penelas Abelleira, Natalia

L

5,000

11,540

20,800

4,000

41,340

6

****6289**

Vázquez Andrade, Ignacio

L

5,000

12,050

22,000

1,200

40,250

7

****5590**

Iglesias Rodríguez, Sandra

L

5,000

12,660

18,200

3,240

39,100

8

****4762**

Dorgambide Santorum, César Isidro

L

5,000

9,095

22,000

2,800

38,895

9

****8972**

Zugasti Marquínez, Jorge

L

5,000

12,500

17,000

4,000

38,500

10

****7579**

Cano Leira, María Ángeles

L

5,000

13,060

14,800

4,000

36,860

11

****9240**

Martínez Capoccioni, Dianora Margarita

L

2,500

12,500

18,000

3,600

36,600

Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****7588**

Martínez Insua, Cristina

L

5,000

12,540

22,000

4,000

43,540

2

****0138**

Gómez Pasantes, Dora

L

5,000

12,070

22,000

2,850

41,920

3

****4707**

Fernández Soria, Nicolasa

L

3,750

12,070

22,000

4,000

41,820

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

4

****8379**

Penín de Oliveira, Paulo

L

5,000

12,620

21,000

2,640

41,260

5

****5931**

Rodríguez Martinón, Pino

L

5,000

13,070

19,000

4,000

41,070

6

****9499**

Ramírez Ruiz, Laura

L

2,500

12,550

22,000

4,000

41,050

7

****5576**

Varela Ferro, Cristian

L

5,000

12,600

20,600

2,800

41,000

8

****4296**

Dorado Castro, Lucía

L

5,000

12,500

19,400

4,000

40,900

9

****7150**

Primo Álvarez, Juan Carlos

L

2,500

12,100

22,000

4,000

40,600

Facultativo/a especialista de área de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****7861**

Iglesias Conde, Raquel

L

5,000

12,650

22,000

4,000

43,650

2

****0262**

Vilas Sueiro, Alejandro

L

5,000

13,130

14,600

4,000

36,730

Facultativo/a especialista de área de Endocrinoloxía e Nutrición

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****6803**

Pinal Osorio, Iria

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

2

****6582**

Eiras Leal, Raquel

L

5,000

13,630

22,000

4,000

44,630

Facultativo/a especialista de área de Farmacia Hospitalaria

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****2248**

Boullosa Lale, Silvia

PI

5,000

13,720

1,200

4,000

23,920

2

****1468**

Álvarez Payero, Mirian

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

3

****2986**

Lamela Piteira, Carlos José

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

4

****7309**

Villaverde Piñeiro, Laura

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

Facultativo/a especialista de área de Hematoloxía e Hemoterapia

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****9856**

Cabanas López de Vergara, Beatriz

PI

5,000

14,000

1,800

4,000

24,800

2

****0966**

Vilariño López, María Dolores

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

3

****3697**

Vázquez Vázquez, María Goretti

L

5,000

12,540

22,000

3,450

42,990

Facultativo/a especialista de área de Medicina Física e Rehabilitación

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****7279**

Salazar Alfaro, Joel Iván

L

4,375

12,000

22,000

4,000

42,375

Facultativo/a especialista de área de Medicina Interna

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****5995**

Viejo Rodríguez, Miguel Ángel

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

2

****2631**

López Monteagudo, María Teresa

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

3

****9920**

Diéguez Paz, Julia

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

4

****3604**

Freire Romero, María Aurora

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

5

****9596**

Baz Lomba, Ana María

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

6

****7460**

Seco Hernández, Elena

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

7

****6307**

Pérez Iglesias, Almudena

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

8

****4324**

Fernández Montero, José Vicente

L

5,000

13,987

22,000

4,000

44,987

9

****5600**

Gómez Méndez, Raquel

L

5,000

13,100

22,000

4,000

44,100

10

****8048**

Machado Prieto, Begoña

L

5,000

13,060

22,000

4,000

44,060

11

****3121**

Rodríguez Cordero, Marta

L

5,000

12,660

22,000

4,000

43,660

12

****9391**

Caínzos Romero, Tamara

L

5,000

12,610

22,000

4,000

43,610

13

****8779**

Callejas Moraga, Eduardo Luis

L

5,000

14,000

20,600

4,000

43,600

14

****5049**

López Reboiro, Manuel Lorenzo

L

5,000

12,600

22,000

4,000

43,600

15

****4952**

Sardiña González, Cristina

L

5,000

12,600

22,000

4,000

43,600

16

****0843**

Suárez Fuentetaja, Rebeca

L

5,000

12,590

22,000

4,000

43,590

17

****4796**

Valcarcel García, María Ángeles

L

4,500

13,060

22,000

4,000

43,560

18

****9543**

Fernández Conde, Sonia

L

5,000

14,000

22,000

2,400

43,400

19

****6181**

Rodríguez Álvarez, Ana Paula

L

5,000

12,040

22,000

4,000

43,040

20

****1110**

Cancela Nieto, María Gumersinda

L

5,000

12,550

22,000

3,450

43,000

21

****3841**

Rubal Bran, David

L

5,000

12,030

21,800

4,000

42,830

22

****9135**

Pérez García, Cristina

D

5,000

12,600

12,000

4,000

33,600

Facultativo/a especialista de área de Microbioloxía e Parasitoloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****4086**

Alba Domínguez, Javier

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

Facultativo/a especialista de área de Nefroloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****0845**

López Alarcón, Walter Luis

L

1,000

12,425

22,000

4,000

39,425

Facultativo/a especialista de área de Neuroloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****1963**

Nogueira Fernández, Víctor

L

5,000

12,940

22,000

4,000

43,940

Facultativo/a especialista de área de Obstetricia e Xinecoloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****5671**

Penela Carrasco, Alba

L

5,000

12,670

22,000

4,000

43,670

2

****4181**

Varela Ponte, Carla

L

5,000

12,080

22,000

4,000

43,080

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

3

****8561**

Correa Orbán, Cándida Rosa

L

5,000

13,160

18,800

2,900

39,860

4

****4981**

González López, Iria

L

5,000

12,560

18,600

2,800

38,960

5

****6138**

González Suárez, Rosana Elena

L

2,500

9,030

22,000

4,000

37,530

6

****4220**

López-Domínguez García, Ana Isabel

L

5,000

12,550

15,700

4,000

37,250

7

****7310**

Maceira Varela, Laura

L

5,000

12,160

17,200

2,640

37,000

8

****6392**

González López, Susana

L

5,000

13,070

15,900

2,800

36,770

9

****9447**

Salazar León, Hernán Francisco

L

2,750

9,030

22,000

2,800

36,580

Facultativo/a especialista de área de Oftalmoloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****0642**

Taboada Gago, María Dolores

L

5,000

9,312

22,000

2,800

39,112

2

****8893**

Santos Ramos, María Paz

L

0,000

13,060

22,000

4,000

39,060

3

****2688**

Gómez Carnero, Augusto José

L

5,000

8,225

22,000

3,300

38,525

4

****4991**

Díez Sotelo, Marta

L

5,000

13,279

12,800

4,000

35,079

Facultativo/a especialista de área de Otorrinolaringoloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****3148**

Alvear Arroyo, Margarita Micaela

L

5,000

12,100

18,400

4,000

39,500

2

****3581**

Ordosgoitia Osorio, Humberto Enrique

L

5,000

7,828

22,000

4,000

38,828

Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****0905**

García Quintáns, Lorena

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

2

****3826**

Sánchez Cao, Elizabeth

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

3

****7156**

Carou López, María

L

5,000

13,540

22,000

4,000

44,540

4

****3836**

García Cancio, Germán

L

5,000

14,000

22,000

2,800

43,800

5

****1059**

González Blas, María del Mar

L

5,000

14,000

22,000

2,800

43,800

6

****7056**

Gómez Tubío, Sara Teresa

L

5,000

12,560

22,000

3,600

43,160

7

****5464**

Novo Teijeiro, María Celia

L

5,000

12,713

21,400

2,800

41,913

8

****3285**

Sánchez Andre, Cristina

L

5,000

12,640

22,000

1,700

41,340

9

****3156**

Lagares Rodríguez, Raquel

L

5,000

10,838

22,000

3,450

41,288

10

****2856**

Ramos Grille, Irene

L

5,000

9,750

22,000

4,000

40,750

11

****3819**

Labrada Abella, Jacob

L

5,000

13,100

19,200

2,800

40,100

12

****0141**

Bermúdez Míguez, Sabela

L

5,000

14,000

16,490

4,000

39,490

13

****4410**

Novo Vázquez, María Merced

L

5,000

13,170

17,300

3,500

38,970

14

****7198**

Salas Díaz, Sara

L

0,000

14,000

22,000

2,800

38,800

15

****3009**

Oujo Fernández, Casilda Mariana

L

5,000

13,240

16,000

4,000

38,240

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

16

****4991**

Fernández Revalderia, Alba

L

5,000

13,390

18,200

1,000

37,590

17

****0480**

Pita Fernández, Noelia

L

5,000

14,000

13,600

4,000

36,600

18

****5381**

Carballal Fernández, Alicia

L

5,000

14,000

13,600

4,000

36,600

19

****2114**

Juncal Lago, Susana

L

5,000

14,000

14,400

2,700

36,100

20

****5966**

Rodríguez Vázquez, Paula

L

5,000

13,130

14,800

2,300

35,230

21

****6097**

Portabales Barreiro, Laura

L

5,000

14,000

12,200

4,000

35,200

22

****7496**

Marco Padín, Fátima

L

5,000

12,570

14,800

2,800

35,170

23

****6046**

Blanco Caramés, Luisa María

D

5,000

8,152

22,000

0,000

35,152

24

****4924**

Alonso Vilar, Cristina

L

5,000

14,000

12,150

4,000

35,150

25

****6101**

Sangiao Novio, Inmaculada

L

5,000

14,000

11,200

4,000

34,200

26

****0906**

Maceda García, Sabela

L

5,000

14,000

11,000

4,000

34,000

27

****4550**

Maroño Souto, Yolanda

L

5,000

14,000

10,800

4,000

33,800

28

****7491**

Carrera Guermeur, Olaia

L

5,000

14,000

10,600

4,000

33,600

29

****1402**

Docampo Chiaromonte, Montserrat Mónica

L

5,000

12,300

13,800

1,600

32,700

30

****6650**

Lamela Chouciño, Verónica

L

5,000

13,190

11,400

2,800

32,390

31

****7529**

Casas Posada, Antía

L

5,000

13,110

10,200

4,000

32,310

32

****8650**

Touza Piñeiro, Rita María

L

5,000

13,341

9,800

4,000

32,141

33

****2946**

Delgado García, Ánxela Cristina

L

5,000

14,000

9,000

4,000

32,000

34

****0114**

Martínez Barbosa, Ruth María

L

5,000

14,000

9,000

4,000

32,000

35

****9308**

Gutiérrez Martínez, Olga

L

3,750

13,596

10,400

4,000

31,746

36

****4773**

Fernández García, Xacobe Abel

L

5,000

11,373

11,100

4,000

31,473

37

****3280**

Vázquez Antolínez, Borja

D

5,000

9,853

0,000

0,000

14,853

Facultativo/a especialista de área de Psiquiatría

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****3069**

López Landeiro, Patricia

PI

5,000

12,000

5,400

4,000

26,400

2

****5173**

López García, Marta

L

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

3

****9099**

Rodríguez Jurjo, David

L

5,000

14,000

22,000

3,600

44,600

4

****7567**

Miguélez Silva, Miguel Ángel

L

4,375

14,000

22,000

4,000

44,375

5

****7252**

Estévez Gil, Xaqueline

L

5,000

13,090

22,000

4,000

44,090

6

****9015**

Veiga Ramos, Iria

L

5,000

13,040

22,000

4,000

44,040

7

****1583**

Ruiz Gippini, María Concepción

L

5,000

13,560

22,000

3,250

43,810

8

****2619**

Cabo Escribano, Graciela

L

5,000

14,000

22,000

2,800

43,800

9

****5113**

Fernández Rodríguez, Elena

L

5,000

12,560

22,000

4,000

43,560

10

****0443**

Uzal Fernández, Cristina

L

5,000

12,580

22,000

3,500

43,080

11

****3589**

Ferreiro Fernández, Beatriz

L

5,000

12,070

22,000

4,000

43,070

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

12

****7182**

González Peña, Diego

L

5,000

12,590

22,000

3,300

42,890

13

****5941**

Novoa Justo, Alejandra

L

5,000

12,600

22,000

2,800

42,400

14

****4834**

Díaz Llenderrozas, Francisco

L

5,000

13,070

20,200

4,000

42,270

15

****4525**

Varela Reboiras, Lucía

L

5,000

13,620

19,400

4,000

42,020

16

****7328**

Vigo Santamariña, Laura María

L

5,000

13,680

18,800

4,000

41,480

17

****2798**

Barral Picado, María del Carmen

L

1,375

14,000

22,000

4,000

41,375

18

****8072**

Soriano Barcelo, Juan

L

5,000

13,090

18,500

4,000

40,590

19

****5203**

Blanco Martínez, Cecilia

L

1,250

12,500

22,000

4,000

39,750

20

****8107**

Ariño Serrano, Celia

L

1,875

12,820

22,000

2,800

39,495

21

****6976**

Núñez Arias, Daniel

L

5,000

13,150

16,800

4,000

38,950

22

****1170**

Mateo Mateos, Luis Jaime

L

0,000

14,000

22,000

2,800

38,800

23

****6190**

Fachal Vázquez, David

L

5,000

13,030

16,900

3,800

38,730

24

****2722**

Gómez-Trigo Baldominos, Jesús

L

5,000

12,320

17,200

4,000

38,520

25

****9838**

Méndez Iglesias, Rebeca

L

5,000

12,820

16,000

4,000

37,820

26

****7496**

Vidal Pérez, Pablo

L

5,000

13,060

15,050

4,000

37,110

27

****6736**

Ramos Caneda, Alberto

L

5,000

12,785

15,250

4,000

37,035

28

****8270**

Fraga Fraga, Sabela

L

5,000

12,100

16,660

2,800

36,560

29

****5225**

Torres Rincón, Tania María

L

5,000

13,520

14,300

3,700

36,520

30

****7397**

Forti Buratti, María Azul

L

5,000

13,398

14,060

4,000

36,458

31

****0600**

Fernández Díaz, Alba

L

5,000

12,600

14,850

4,000

36,450

32

****1210**

Louzao Martínez, María José

L

5,000

9,445

22,000

0,000

36,445

33

****9947**

Ozaita Corral, María

L

5,000

12,550

16,300

2,200

36,050

34

****2872**

Buján López, María Amparo

L

5,000

12,570

14,400

4,000

35,970

35

****8818**

Grandío Sanjuán, Belén

L

5,000

13,110

13,400

3,600

35,110

36

****7151**

Vicente Alba, Francisco Javier

L

5,000

14,000

12,000

4,000

35,000

37

****5526**

Serrano Pérez, Pedro Guillermo

L

1,875

12,600

16,250

4,000

34,725

38

****5071**

Ortiz Soriano, Rosana

L

5,000

12,590

14,400

2,640

34,630

39

****7204**

De la Cruz Davila, Alberto

L

5,000

12,540

13,000

4,000

34,540

40

****8246**

Rey Souto, Diana

L

5,000

12,803

12,550

4,000

34,353

41

****4601**

Álvarez Estévez, Tania

L

5,000

13,610

12,000

3,600

34,210

42

****5469**

Riesgo Arias, María

L

5,000

12,160

13,600

2,800

33,560

43

****7632**

González Castroagudín, Raquel

L

5,000

13,080

11,800

3,450

33,330

44

****8304**

Iglesias Pérez, Antonio

L

5,000

14,000

10,200

4,000

33,200

Facultativo/a especialista de área de Radiodiagnóstico

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****5011**

Dorrego García, Ramón María

L

5,000

12,620

22,000

4,000

43,620

2

****9033**

Verdini Montemuíño, Rut Virginia

L

2,250

12,170

22,000

4,000

40,420

3

****0005**

Martín Lores, Irene

L

5,000

11,512

19,400

4,000

39,912

4

****5795**

Rodríguez López, Carmen

L

1,875

13,070

22,000

2,800

39,745

5

****4815**

Rojas Jiménez, Ana María

L

1,875

12,570

19,200

4,000

37,645

6

****5657**

Alain Castillo, Jorge Santos

L

3,125

9,575

22,000

2,800

37,500

7

****5548**

Osorio Vázquez, Iria

L

5,000

13,130

14,600

4,000

36,730

Facultativo/a especialista de área de Reumatoloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****1093**

Lois Iglesias, Ana Josefina

L

5,000

14,000

20,500

4,000

43,500

Facultativo/a especialista de área de Uroloxía

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

****7177**

García Expósito, Marco Antonio

L

5,000

12,630

14,800

1,800

34,230

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.