DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20369

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO da oferta pública de emprego ordinaria do ano 2023.

Mediante Resolución de Alcaldía con data do 26 de decembro de 2023, (número 2023-2887) aprobouse a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2023 do Concello de Baiona, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 248, do 28 de decembro de 2023, cuxas prazas que se ofertan son as seguintes:

Funcionarios de carreira:

• 1 xerente da Policía local, grupo C, subgrupo C1, escala especial, subescala servizos especiais.

• 1 auxiliar administrativo, grupo C, subgrupo C2, escala xeral, subescala auxiliar.

Persoal laboral:

• 1 técnico actividades turísticas, categoría: B.

• 1 avogado/a para o Centro de Información da Muller, categoría: A1.

• 1 conserxe de colexio, categoría: AP.

O anterior publícase para xeral coñecemento.

Baiona, 20 de febreiro de 2024

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde presidente