DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20780

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionarios/as de carreira de dous/dúas administrativos/as OEP 2022.

A concellería responsable da Área de Servizos Non Territorializados mediante a Resolución do 23 de xaneiro de 2024 nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

• María Dolores Otero Bermúdez, con DNI ***2099**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre, da OEP ordinaria do ano 2022.

• Fernando Corrochano Torres, con DNI ***1461**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre, da OEP ordinaria do ano 2022.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse polos/as interesados/as ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o/a interesado/a tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos Non Territorializados