DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20845

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 22 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR446A).

A reforma da política agrícola común (PAC) para o período 2023 a 2027 oriéntase á consecución duns resultados concretos vencellados aos obxectivos baseados nos tres piares da sustentabilidade que se centran nos aspectos económicos, ambientais e sociais.

O Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantia (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, prevé no seu artigo 57 e seguintes os tipos de intervencións para realizar no sector vitivinícola e a axuda financeira da Unión para esta intervención.

No ámbito estatal, o conxunto destas novas axudas inclúese no Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención sectorial vitivinícola (ISV) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común (PEPAC).

Neste contexto, a reestruturación e reconversión de viñedos é un dos tipos de intervención dentro da ISV que cómpre salientar que é obrigatoria no marco do PEPAC do Reino de España 2023-2027, e que en Galicia serán obxecto do financiamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Esta nova orientación artéllase cunha maior subsidiariedade sobre a base da situación e necesidades específicas, e cada Estado membro deberá deseñar as súas propias intervencións, polo que, en consecuencia, o PEPAC permitirá unha política vitivinícola máis xusta e sustentable e axudará o sector vitivinícola, que é estratéxico en Galicia, a aliñarse coas exixencias dos consumidores e a facer fronte a retos futuros, coma o cambio climático, a remuda xeracional e a mellora da competitividade, para contribuír a cumprir os obxectivos ambientais e climáticos da Unión.

En síntese, estas novas axudas para a reestruturación e reconversión de viñas son unha continuación de anteriores programas de apoio que, dados os seus positivos efectos estruturais en Galicia, se deben manter e, pola súa vez, priorizar. Fixaranse os novos obxectivos estratéxicos, de adaptación ao cambio climático, ser máis respectuosos co ambiente e conseguir unha mellor orientación ao mercado, para satisfacer as necesidades peculiares do sector vitivinícola galego.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto, ámbito de aplicación e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento administrativo MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva, conforme a requisitos e condicións establecidos para esta intervención nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención sectorial vitivinícola no marco do Plan estratéxico da política agrícola común e as súas modificacións.

2. O apoio para esta intervención aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.

3. A dita intervención ten como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras

Artigo 2. Definicións

Os termos utilizados nesta orde coinciden cos establecidos na normativa comunitaria vixente e na lexislación básica estatal. Así mesmo, para os efectos da aplicación desta orde entenderase por:

a) Acción: aquelas actuacións especificadas no anexo VI como subvencionables.

b) Arrinca: eliminación total de todas as cepas que se atopen nunha superficie plantada de vide, incluíndo tanto o portaenxerto como a parte aérea da planta.

c) Campaña vitícola ou campaña: período entre o 1 de agosto dun ano e o 31 de xullo do ano seguinte.

d) Exercicio financeiro: período comprendido entre o 16 de outubro do ano n-1 e o 15 de outubro do ano n.

e) Explotación: todas as unidades utilizadas para actividades agrícolas e administradas por unha persoa agricultora e situadas no territorio español, de acordo coa definición do número 2 do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro.

f) Operación: conxunto de accións tendentes a conseguir a reestruturación e reconversión dunha parcela de viñedo e incluída na solicitude da axuda.

g) Operación anual: conxunto de accións que finalizarán, no exercicio financeiro seguinte ao que se solicita a axuda.

h) Operación bienal: conxunto de accións que finalizarán, como máximo, no segundo exercicio financeiro seguinte ao que se solicita a axuda.

i) Parcela de viñedo: superficie determinada de terreo na cal un só viticultor cultiva a vide, formada por un recinto ou conxunto de recintos cunha ou varias referencias alfanuméricas e representada graficamente no Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

j) Pendente da superficie de viñedo: a do recinto Sixpac ou, no caso de que se inclúan varios recintos, será o resultado de ponderar, en función da superficie, a pendente dos diferentes recintos da parcela que integra a operación.

k) Persoa viticultora: a persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, que teña unha superficie plantada de viñedo, en propiedade ou en réxime de arrendamento ou parzaría, ou calquera outra forma conforme dereito que poida demostrar mediante documento de liquidación dos correspondentes tributos, cuxa vendima se utilice para a produción comercial de produtos vitivinícolas ou a superficie se beneficie das excepcións recollidas no artigo 3.2 do Regulamento delegado (UE) nº 2018/273, da Comisión, do 11 de decembro. Esta definición considérase cumprida pola persoa física ou xurídica xa inscrita no Rexistro Vitícola como persoa viticultora dunha superficie plantada de viñedo antes da data de entrada en vigor do dito regulamento.

l) Persoa futura viticultora: persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, como as comunidades de bens ou as explotacións de titularidade compartida, que sexa titular dunha resolución de arrinca, autorización de replantación, dereito de replantación ou autorización por conversión de dereitos inscritos ao seu nome no Rexistro Vitícola, e que non sexa persoa viticultora segundo a definición anterior.

m) Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda teña feitos os dezaoito anos e non faga máis de 40 anos no ano de presentación da solicitude, e sexa titular dunha explotación agraria, de xeito individual, como cotitular ou como socia.

n) Persoa agricultora profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 por cento da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 por cento da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.

o) Persoa propietaria: a persoa ou agrupación de persoas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, que ten o título de propiedade sobre a parcela onde se atopa o viñedo sobre o cal se vai executar a operación correspondente.

p) Sobreenxerto: o enxerto efectuado sobre unha vide xa enxertada con anterioridade.

q) Sistema de condución sustentable: sistema de cultivo das cepas de vide que permite unha mellor aireación dos acios, unha maior exposición destes á luz do sol e/ou unha maior distancia sobre o chan que redunde nunha menor incidencia de enfermidades e, polo tanto, nun menor uso de produtos fitosanitarios. Na viticultura de Galicia defínense como tales os viñedos en estacada, espaller, emparrado e elevación individualizada.

r) Superficie vitícola abandonada: superficie plantada de vide que desde hai máis de cinco anos xa non está suxeita a un cultivo regular para obter un produto comercializable, cuxa arrinca xa non dá dereito á persoa produtora a obter unha autorización de replantación de conformidade co artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.

s) Superficie vitícola obxecto da axuda: a que queda delimitada polo perímetro externo das cepas, máis unha marxe cuxo ancho corresponde á metade da distancia entre as filas, tal e como se establece no artigo 42 do Regulamento delegado (UE) nº 2022/126 da Comisión, do 7 de decembro, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos requisitos adicionais para determinados tipos de intervención especificados polos Estados membros nos seus plans estratéxicos da PAC para o período 2023-2027 en virtude do dito regulamento, e ás normas sobre a proporción relativa á norma 1 das boas condicións agrarias e ambientais (BCAM).

t) Titular da arrinca: persoa viticultora a cuxo nome se emite a resolución de arrinca.

u) Titular de autorización: a persoa que ten inscrita a autorización ao seu nome no Rexistro Vitícola.

v) Variedade de portaenxerto: variedade de vide cultivada para a produción de material vexetativo de vide e da cal se obteña a parte subterránea da planta tamén denominada barbado ou patrón.

w) Variedade de uva de vinificación: variedade de vide cultivada, de forma habitual, para a produción de uva destinada á elaboración de viños de consumo humano.

Artigo 3. Requisitos de admisibilidade

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras e futuras viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantacións de viñedo, para todas as superficies de viñedo da súa explotación e coas disposicións relativas ás declaracións obrigatorias do sector vitivinícola.

2. As persoas viticultoras cuxas solicitudes de axuda fosen aprobadas en convocatorias anteriores do Programa de apoio ao sector vitivinícola (PASVE 2019-2023) ou da Intervención sectorial vitivinícola (ISV 2024-2027), segundo corresponda, non poderán acceder á axuda nas dúas convocatorias seguintes se:

a) Renunciaron á axuda dunha operación solicitada, unha vez aprobada, agás que comunicasen a súa renuncia no prazo de 10 días desde a súa notificación.

b) Non solicitaron o pagamento dunha operación aprobada, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pagamento dentro do segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda.

c) Non executaron unha operación aprobada para a cal solicitaron o pagamento.

Os supostos deste punto non serán de aplicación nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021 sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

3. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non crear artificialmente as condicións exixidas para cumprir os criterios de admisibilidade ou de prioridade establecidos na normativa, tal e como se establece no artigo 62 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello.

5. As comunidades de bens ou sociedades civís deberán cumprir as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles (anexo I), que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Tamén deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única con poder suficiente para cumprir as obrigas que como persoa beneficiaria correspondan á agrupación. Así mesmo, deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicite o pagamento final.

6. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida será, como mínimo, de 0,2 ha para as solicitudes que se presenten de forma individual e de 1 ha para as solicitudes que se presenten de forma colectiva. As solicitudes individuais que formen parte dunha presentación colectiva terán que ter unha superficie mínima de 0,2 ha.

7. O ámbito territorial das solicitudes non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.

8. A superficie máxima elixible por solicitude será de 10 hectáreas por persoa viticultora e convocatoria.

9. Será obrigatorio, en todas as plantacións, o emprego de portaenxertos certificados.

Artigo 4. Operacións subvencionables

A axuda á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das operacións seguintes:

a. Replantación con ou sen sistema de condución.

b. Reconversión de viñedos por cambios de variedade: sobreenxertado.

c. Mellora de técnicas de xestión.

d. Replantación de viñedos cando sexa necesario tras a arrinca obrigatoria por motivos sanitarios ou fitosanitarios por orde da autoridade competente.

As accións subvencionables de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios recóllense nos anexos V e VI desta orde e deberán perseguir un ou máis dos obxectivos globais establecidos, en función de se cumpren unha ou varias das características de cada operación.

Artigo 5. Operacións non subvencionables

Non serán subvencionables:

a) A renovación normal dos viñedos, cando as cepas chegasen ao final do seu ciclo natural ou vida útil, entendida como a replantación nunha mesma parcela coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo sistema de cultivo.

b) As superficies que foron beneficiarias desta axuda nas últimas 10 campañas, agás:

1º. Para realizar unha operación de mellora de técnicas de xestión mediante un cambio do sistema de condución a outro máis sustentable, dos catro definidos nesta orde: emparrado, estacada, espaller e elevación individualizada.

2º. Causas de forza maior ou circunstancias excepcionais que puidesen afectar a superficie, sempre e cando non se utilice a mesma variedade de uva de vinificación e o mesmo sistema de cultivo que había na dita superficie, segundo o disposto no artigo 58.1, letra a, punto iv, do Reglamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro.

O período contabilizarase a partir da data en que a persoa beneficiaria solicitou o pagamento final da axuda para esa superficie.

c) Os custos das accións recollidas na parte II do anexo II do Regulamento delegado (UE) nº 2022/126 da Comisión, de 7 de decembro, que son:

a. A xestión cotiá dun viñedo.

b. A protección contra danos ocasionados pola caza, paxaros ou sarabia.

c. Construcións de cortaventos e muros de protección contra o vento.

d. Vías de acceso e elevadores.

e. Adquisición de tractores ou calquera tipo de vehículos de transporte.

f. A arrinca de viñedos infectados e a perda de ingresos tras a arrinca obrigatoria por motivos sanitarios ou fitosanitarios.

d) As superficies plantadas cunha autorización de nova plantación concedida en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, durante os primeiros cinco anos desde a data de plantación.

e) As operacións de replantación que vaian levarse a cabo cunha autorización de nova plantación concedida en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

f) A instalación do sistema de rega.

g) As accións executadas con material de segunda man.

h) Os custos de arrinca naquelas superficies onde se utilicen autorizacións de plantación concedidas en virtude dos artigos 66 e 68 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, non xeradas pola arrinca efectuada na aplicación da operación de reestruturación e cando a arrinca realizou antes da presentación da solicitude da axuda correspondente.

i) O imposto do valor engadido (IVE), agás se non é recuperable, consonte coa lexislación nacional aplicable que deberá demostrar unha persoa perito mercantil ou unha auditora legal.

j) A reestruturación e reconversión de viñedos naquelas hectáreas de regadío cando a persoa solicitante fose sancionada en firme pola autoridade competente en materia de auga por facer un uso ilegal deste recurso.

Artigo 6. Solicitudes das axudas de reestruturación e reconversión da viña

1. A intervención de reestruturación e reconversión de viñas levarase a cabo a través de solicitude que poderán presentarse de forma:

a. Colectiva, cun mínimo de 5 persoas viticultoras.

b. Individual.

2. As solicitudes presentadas de forma colectiva executaranse no marco dun acordo subscrito entre todas as persoas viticultoras participantes. Este acordo incluirá a designación dunha persoa representante interlocutora única coa Administración. Así mesmo, no dito acordo recollerase o compromiso das persoas viticultoras de dispor dunha persoa técnica agraria con titulación en Enxeñaría Agronómica, Enxeñaría Técnica Agrícola ou grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, ou outros equivalentes. A persoa representante poderá exercer como técnica sempre que reúna a titulación exixida.

3. As solicitudes conterán as operacións que se deberán realizar, así coma o detalle das accións de cada unha delas.

4. As solicitudes poderán conter unha ou varias operacións anuais ou bienais, segundo a operación de que se trate, con ou sen anticipo.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comezo da subvencionabilidade

Serán subvencionables as accións realizadas con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en modo ningún garante a súa aprobación.

Non se aprobarán aquelas solicitudes que na data da inspección inicial a que fai referencia o parágrafo seguinte xa realizasen nalgunha das parcelas unha plantación sen autorización da autoridade competente. Tampouco se subvencionarán aquelas accións que na data da inspección inicial estivesen executadas ou se dese comezo a súa execución.

A Consellería do Medio Rural efectuará, con anterioridade á concesión das axudas, unha inspección inicial sobre o terreo dos datos incluídos na solicitude e determinará, en función das características da parcela, a necesidade das accións de retirada de pedras, cambio de sistema de condución, socalcamento e/ou a de nivelación do terreo, se estas accións están incluídas na solicitude.

Artigo 10. Tramitación e resolución das axudas

1. O Servizo de Explotacións Agrarias de cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes correspondentes ao seu ámbito xeográfico, e realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará o órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Unha vez verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido pola persoa titular do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario e integrado por tres persoas dese mesmo servizo con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario, e elaborará dúas listas:

a. A primeira incluirá, de ser o caso, as operacións de replantación tras a arrinca obrigatoria por motivos sanitarios e fitosanitarios ordenadas con base na puntuación obtida ao aplicar a ponderación dos criterios de prioridade no ámbito nacional establecidos no artigo 24.1.

b. A segunda incluirá o resto de operacións de reestruturación e reconversión de viñedos ordenadas con base na puntuación obtida ao aplicar a ponderación de todos os criterios de prioridade.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da orde da Consellería do Medio Rural do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución no prazo de 6 meses, contados desde o día seguinte á realización da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude.

4. En primeiro lugar, aprobaranse as operacións da primeira lista por orde decrecente de puntuación e como máximo ata esgotar o 15 % dos fondos asignados en conferencia sectorial segundo o establecido no artigo 41 do Regulamento delegado (UE) nº 2022/126 da Comisión, do 7 de decembro de 2021.

5. En segundo lugar, aprobarase o resto das operacións de reestruturación e reconversión de viñedos da segunda lista ata esgotar os fondos asignados en conferencia sectorial.

6. En calquera caso, a aprobación definitiva das operacións bienais non poderá comprometer un importe que supoña máis do 50 % da asignación recibida para o exercicio financeiro n+1, todo iso de conformidade co artigo 11.4 do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro.

7. Só se emitirá resolución aprobatoria, unha vez ordenadas as solicitudes en aplicación dos criterios de prioridade, ata esgotar o orzamento dispoñible acordado pola Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal (https://notifica.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e, rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e de denegación, que producirá os efectos da notificación.

Artigo 13. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. A solicitude de modificación, en que se indique á que operación se refire, presentarase como moi tarde 4 meses antes de que remate o prazo de execución, e deberá estar debidamente xustificada, non comprometer o obxectivo global da operación indicado no anexo V, parte A, ou no caso de que unha operación teña varios dos obxectivos globais debido ás súas características, non se comprometan todos eles, non incrementar o importe da axuda inicialmente concedida, non supor cambios na admisibilidade e non modificar a puntuación obtida tras a aplicación dos criterios de prioridade se isto supón quedar por debaixo da puntuación de corte entre as solicitudes aprobadas e as non aprobadas.

A autorización destes cambios pola persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro do Medio Rural, será anterior á execución destes, e nos casos en que sexa necesario irá precedida da correspondente certificación de non inicio. O prazo para resolver estes cambios será dun mes. Se, transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se produce, a persoa beneficiaria entenderá denegada a súa petición de modificación.

3. Terán a consideración de modificacións menores permitidas, que non requirirán autorización expresa con carácter previo á súa execución e que non supoñan unha variación á alza no orzamento aprobado para a operación, as seguintes:

– Cambio da variedade de uva de vinificación aprobada por outra autorizada na Comunidade Autónoma de Galicia, entre as do anexo VII.

– Cambio da variedade do portaenxerto aprobado por outro que tamén sexa certificado, entre os do anexo VIII.

– Cambio do marco de plantación (variación da densidade do número de cepas).

– Cambio de parcela de viñedo.

Estas pequenas modificacións deben ser xustificadas e comunicadas con anterioridade á solicitude de pagamento.

4. Para que se lle autorice a unha nova persoa viticultora a subrogación dos dereitos e obrigas derivados da axuda concedida, esta nova persoa deberá cumprir os requisitos exixidos para ser beneficiaria das axudas e asumir os compromisos adquiridos pola anterior viticultora a quen se lle concedeu a axuda.

5. Para a modificación da resolución teranse en conta as condicións recollidas polo artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A Consellería do Medio Rural poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 14. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 15. Incompatibilidade das axudas

1. Non se financiarán cos fondos da Intervención sectorial vitivinícola as medidas que estean recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, e nos plans estratéxicos ou intervencións financiadas a través do Fondo Feader, ao abeiro do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, e as medidas que están recollidas no Regulamento (CE) nº 1040/2002 da Comisión, do 14 de xuño de 2002, polo que se establecen normas particulares de execución das disposicións relativas á asignación dunha participación financeira da Comunidade para a loita fitosanitaria e se derroga o Regulamento (CE) nº 2051/97, nin outras medidas financiadas por instrumentos financeiros da Unión Europea.

2. A percepción das subvencións previstas nesta orde, para financiar a operación presentada, será incompatible coa de calquera outras que, para a mesma finalidade e obxecto, puidesen establecer outras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Artigo 16. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Procederá o reintegro total nas seguintes circunstancias:

a. Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b. Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c. Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente das operacións subvencionados.

d. Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e. Incumprimento das obrigas impostas ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

f. Incumprimento das obrigas impostas ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g. A persoa beneficiaria que incumpra a obriga de manter en cultivo as superficies acollidas a estas axudas un período mínimo de dez campañas contado desde a campaña seguinte á cal solicitou o pagamento final deberá devolver a axuda percibida máis os xuros legais devindicados desde a data do pagamento, salvo causa de forza maior ou circunstancias excepcionais, ou nos casos de expropiacións.

3. No caso de que a persoa beneficiaria percibise un anticipo superior á axuda definitiva, deberá reembolsar a diferenza.

4. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos á persoa beneficiaria sexa debido a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais, motivadas e acreditadas documentalmente, en particular nalgún dos seguintes casos:

a. Falecemento da persoa beneficiaria.

b. Incapacidade laboral de longa duración da persoa beneficiaria.

c. Catástrofe natural grave ou fenómeno meteorolóxico grave que afecte seriamente á explotación.

d. Brote de enfermidade vexetal ou presenza dunha praga que afecte a unha parte ou a totalidade dos cultivo da persoa beneficiaria.

e. Expropiación da totalidade o dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

5. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, se produza un cambio de titularidade da explotación, e a nova persoa viticultora asuma os compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

Artigo 17. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. A axuda pagarase unha vez comprobado que a operación se executou totalmente e se axusta á solicitude aprobada ou modificada tras efectuar os controis administrativos e sobre o terreo.

2. As reducións da axuda aplicaranse sobre o importe correspondente á contribución aos custos incorridos.

3. Reducións por execución incompleta:

a. Cando non se executaron unha ou varias accións dunha operación de reestruturación por causas de forza maior ou circunstancias excepcionais, a axuda final calcularase como a suma dos importes correspondentes ás accións que se executaron totalmente e, no caso de que haxa accións executadas parcialmente, da parte proporcional executada, sempre e cando a parte non executada se debese a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

b. Cando non se executaron unha ou varias accións dunha operación de reestruturación, ou a súa execución sexa parcial, debido a causas distintas á forza maior ou as circunstancias excepcionais, pero se acadasen os obxectivos globais da operación, a axuda final reducirase aplicando unha penalización igual ao 100 % do importe correspondente ás accións que non se executaron ou a súa execución sexa parcial. É dicir, a axuda final calcularase como a suma dos importes correspondentes ás accións individuais que se executaron totalmente, restando o importe que correspondería ás accións non executadas e/ou ás accións executadas parcialmente.

c. Cando non se executaron unha ou varias accións dunha operación de reestruturación, ou a súa execución sexa parcial, debido a causas distintas á forza maior ou as circunstancias excepcionais, e non se alcancen os obxectivos globais da operación, non se concederá ningunha axuda.

4. Reducións adicionais:

a. Se a superficie obxecto de pagamento difire da superficie para a cal se aprobou a axuda, para o cálculo definitivo do importe correspondente á contribución aos custos incorridos, terase en conta a diferenza entre ambas as superficies, de xeito que:

i. Se esta diferenza é igual ou inferior ao 20 %, a contribución aos custos incorridos calcularase sobre a base da superficie obxecto de pagamento.

ii. Se a diferenza é superior ao 20 %, pero igual ou inferior ao 50 %, a contribución aos custos incorridos calcularase sobre a base da superficie obxecto de pagamento e reducida no dobre da porcentaxe da diferenza comprobada.

iii. Se a diferenza é superior ao 50 %, perderase o dereito ao cobramento da axuda.

b. Se a persoa beneficiaria presenta a solicitude de pagamento final dunha operación despois da data establecida para o exercicio financeiro indicado na solicitude de axuda aprobada, a axuda reducirase un 20 %.

Se se presenta a solicitude de pagamento despois do prazo establecido para o segundo exercicio financeiro posterior ao que presentou a solicitude de axuda, a persoa beneficiaria perderá o dereito ao cobramento da axuda.

Non obstante o anterior, se o atraso se debe a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais non se aplicarán as reducións da axuda contempladas neste punto.

c. Nos casos en que se vaia solicitar un anticipo, se a persoa beneficiaria presenta a solicitude de pagamento do anticipo despois da data establecida para o exercicio financeiro indicado na solicitude de axuda aprobada, a axuda reducirase un 20 %, agás causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

d. Nas operacións para as cales se solicitou un anticipo, executarase a garantía correspondente nos supostos establecidos no artigo 79.4 do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro.

e. Cando non se cumpran as condicións de durabilidade sobre as superficies para as que se solicita a axuda que deben manterse en cultivo durante dez campañas, contadas desde a campaña seguinte á que se solicitou o pagamento, a persoa beneficiaria deberá reembolsar a axuda percibida máis os xuros legais correspondentes agás causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

f. Cando a persoa beneficiaria execute unha operación de replantación con ou sen sistema de plantación que cumpra coa característica establecida no artigo 6.4.I.3º., característica c), do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, e non cumpra co compromiso subscrito, deberá reembolsar a axuda percibida máis os xuros legais correspondentes.

5. Sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, ás persoas beneficiarias destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Obriga de facilitar información

Ademáis da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, as persoas beneficiarias das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 20. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a reestruturación e reconversión da viña en Galicia (código de procedemento MR446A) para a súa execución anual ou bienal, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.

Artigo 21. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

Tendo en conta o establecido no artigo 7 do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, o prazo de presentación iníciase ao día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 26 de abril 2024.

Artigo 22. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a. Acreditación da persoa representante, se é o caso.

b. Anexo II: datos da solicitude colectiva, só para as solicitudes colectivas.

c. Anexo III: acordo subscrito entre as persoas viticultoras integrantes, só para as solicitudes colectivas.

d. Documentación xustificativa da propiedade ou disposición por calquera réxime de tenza da parcela onde se vai reestruturar e/ou reconverter a viña. Se a persoa viticultora non posúe a propiedade da superficie que se vai reestruturar ou reconverter deberá achegar unha autorización por parte da propietaria, ou ben un documento xustificativo equivalente salvo que xustifique debidamente que non é necesaria a dita achega.

e. Para aquelas solicitudes cuxo peticionario sexa unha comunidade de bens ou unha sociedade civil, pacto de indivisión de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicitou o pagamento final.

f. As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

g. No caso de solicitantes aos que lles sexa de aplicación o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro (subvencións de importe superior a 30.000 euros):

– As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar unha conta de perdas e ganancias abreviada, certificación asinada pola persoa física ou, no caso das persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder suficiente de representación, na que alegan acadar o grao de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderase substituír pola documentación prevista na letra seguinte.

– Persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada:

i. Certificación expedida por un auditor de contas inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información de pagamento descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando consta que se acada o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecido na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinada nesta epígrafe, a partir da información exixida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

ii. No caso de que non fose posible expedir o certificado a que se refire o punto anterior, «Informe de trámites acordados», elaborado por un auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, quen, con base na revisión dunha mostra representantiva das facturas pendentes de pagamento aos provedores da empresa a unha data de referencia, conclúa sen que se detecten excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detecten, non impidan acadar o nivel de cumprimento exixido.

O requisito establecido neste punto entenderase cumprido cando o grao de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e, o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 23. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a. DNI/NIE da persoa solicitante.

b. DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c. NIF da entidade solicitante.

d. NIF da entidade representante.

e. Certificado da renda (IRPF).

f. Datos catastrais das parcelas.

g. Certificación descritiva e gráfica das parcelas.

h. Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

i. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

j. Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

k. Concesións de subvencións e axudas.

l. Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

m. DNI/NIE da persoa técnica da solicitude colectiva (se for o caso).

n. Título oficial universitario da persoa técnica da solicitude colectiva.

o. Vida laboral nos últimos 5 anos.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 24. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a. Nacionais:

i. Que no ano de presentación da solicitude non cumpran máis de 40 anos. Cando a solicitante sexa unha persoa xurídica deberá cumprirse polo menos no 50 % das persoas físicas con poder de decisión dentro da dita persoa xurídica ou que as que o cumpran teñan unha participación no capital social maior do 50 % ou que posúan máis da metade dos dereitos de voto nesta: 5 puntos.

ii. Que no ano natural inmediatamente anterior á presentación da solicitude contratasen un seguro agrario na súa explotación para o cultivo do viñedo: 4 puntos.

iii. Persoa inscrita no Rexistro de operadores de produción ecolóxica para o cultivo do viñedo: 3 puntos.

iv. Persoas inscritas nunha agrupación de tratamento integrado na agricultura (ATRIA) ou outras entidades equivalentes: 2 puntos.

v. Persoa inscrita no Rexistro de operadores de produción integrada no cultivo do viñedo: 1 punto.

b. Autonómicos:

i. Superficie obxecto da intervención vitícola que se incorpora en propiedades de polígonos agroforestais, aldeas modelo ou áreas de actuación conxunta, consonte a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, maior do 50 % da superficie pola cal se solicita a axuda: 5 puntos.

ii. Superficie reestruturada de viña baixo ámbito dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida (DOP/IXP) maior do 50 % da superficie pola cal se solicita axuda: 4 puntos.

iii. Persoa agricultora profesional. No caso de persoa xurídica polo menos o 50 % de socios deberán ter esta consideración: 3 puntos.

iv. Persoa que como resultado da intervención realiza un proceso de concentración de superficie nunha única parcela: 2 puntos.

v. Explotación inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia: 1 punto.

vi. Explotación inscrita no sección de explotación de titularidade compartida do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia: 1 punto.

vii. Muller viticultora. No caso de persoa xurídica, polo menos o 50 % de socios mulleres: 1 punto.

viii. Solicitude presentada de forma colectiva: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizaranse as solicitudes por rigoroso orde de presentación.

3. Os criterios establecidos nas letras a.iii, a.iv, a.v, b.iii, b.v e b.vi consideraranse á data de apertura do prazo de solicitude de axuda.

Artigo 25. Cálculo da axuda

1. A axuda consistirá nunha compensación ás persoas viticultoras pola perda de ingresos (CPI) debida á execución da operación e nunha contribución aos custos incorridos (CCI) na dita operación.

2. A compensación pola perda de ingresos (CPI) consistirá nunha compensación económica do:

a. No caso de replantación, o 0,99 da perda de ingresos.

b. No caso de reconversión, o 0,25 da perda de ingresos.

c. No caso de mellora de técnicas de xestión, o 0,25 da perda de ingresos.

d. No caso de replantación por arrinca por motivos sanitarios ou fitosanitarios, non se concederá esta axuda.

Para as parcelas situadas en Galicia, a perda de ingresos cífrase en 9.874 €/ha. No caso de que a superficie arrincada obxecto da axuda proceda doutra comunidade autónoma, solicitarase a esa comunidade autónoma o valor da perda de ingresos.

3. A contribución aos custos incorridos (CCI) nas operacións subvencionables, tendo en conta os custos unitarios indicados no anexo VI. Esta contribución da Unión Europea será o resultado de aplicar aos ditos custos as seguintes porcentaxes de axuda:

a. No caso de operacións de replantación, reconversión ou de mellora de técnicas de xestión:

i. 60 % para as operacións que conteñan superficies con pendentes superiores ao 40 %.

ii. 50 % para aquelas operacións cuxas persoas beneficiarias cumpran algún dos seguintes criterios:

– Inscritas no Rexistro de operadores de produción ecolóxica para o cultivo do viñedo.

– Inscritas no Rexistro de operadores de produción integrada no cultivo do viñedo.

– Formen parte dunha ATRIA ou outra entidade equivalente.

– Que no ano da presentación da solicitude non cumpran máis de 40 anos.

– Que no ano natural inmediatamente anterior á presentación da solicitude contratasen un seguro agrario na súa explotación, para o cultivo do viñedo.

iii. 45 % para o resto de operacións.

b. No caso de operacións de replantación por arrinca obrigatoria por motivos sanitarios ou fitosanitarios, 50 %.

Artigo 26. Prazo de execución e xustificación

1. O prazo de execución e xustificación destas axudas será:

a) Para as solicitudes con operacións anuais, o prazo límite de execución e de solicitar o pagamento remata o 31 de xullo de 2025, inclusive.

b) Para as solicitudes con operacións bienais, o prazo de execución remata o 31 de xullo de 2026, inclusive. Establécese o período entre o 16 de outubro de 2025 e o 31 de xullo de 2026 como o prazo para solicitar o pagamento das operacións bienais.

c) O prazo para solicitar un anticipo será dun mes desde a concesión da axuda. Para os anticipos concedidos, as persoas beneficiarias deberán comunicar cada ano ao organismo pagador antes do 31 de outubro unha declaración dos gastos que xustifique o uso dos anticipos ata o 15 de outubro correspondente, e a confirmación do saldo restante dos anticipos non utilizados a data do 15 de outubro (anexo IV).

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, a persoa beneficiaria será requirida para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 27. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables as operacións que se realicen con posterioridade á data de inspección inicial e ata a data límite de realización das operacións, sempre e cando se dite resolución aprobatoria da axuda sobre as ditas operacións.

2. Unha vez realizadas as operacións e, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo, accedendo á Carpeta cidadá mediante a acción de «achegar documentación xustificativa». Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento, e irá acompañada da seguinte documentación:

a. No caso de material vexetal, acreditación do emprego de material vexetal certificado mediante a etiqueta correspondente ou certificado emitido por unha empresa autorizada.

b. No caso de desinfección, copia da ficha dos tratamentos fitosanitarios da explotación en que figure rexistrada esta aplicación.

c. No caso de empregar medios propios, parte de horas en que se identifican a persoa beneficiaria e/ou ao persoal empregado e se xustifique o tempo invertido na realización da acción, así como a relación da maquinaria utilizada, e se pertence, ou non, á persoa beneficiaria ou é alugada (este alugueiro non é subvencionable).

3. O pagamento da axuda realizarase en función da superficie obxecto de pagamento ou das unidades certificadas polo persoal da Consellería do Medio Rural encargado de realizar a comprobación das operacións executados e mediante a aplicación dos custos unitarios recollidos no anexo VI.

Artigo 28. Anticipo

1. As persoas beneficiarias destas axudas cuxas operacións lles exixan pagamentos inmediatos poderán solicitar un anticipo máximo do 80 % da axuda aprobada, sen que se supere a anualidade prevista para o exercicio orzamentario.

2. O anticipo aboase coa condición de que a persoa beneficiaria constitúa unha garantía por un importe, polo menos, igual ao importe do anticipo en favor do organismo pagador da Consellería do Medio Rural, de conformidade co artigo 64 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, e co capítulo IV do Regulamento delegado (UE) nº 2022/127 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, que completa o Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello.

3. Cando unha superficie dunha parcela sufrise un desastre natural ou un fenómeno climático adverso asimilable a un desastre natural recoñecido polas autoridades competentes ou as operacións previstas non poidan levarse a cabo debido a problemas fitosanitarios do material vexetal, certificados por un organismo acreditado, poderase adaptar o prazo para o gasto do importe anticipado.

4. A garantía poderá ser liberada cando se comprobe que se cumpriron as obrigas da intervención aprobada concluíndo que o importe dos gastos reais correspondentes á contribución da Unión Europea destinada ás operacións de que se trate supera o importe do anticipo.

Artigo 29. Financiamento

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria da lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 14.04.713C 772.1, cun importe de 1.750.000 euros para o ano 2024, 500.000 euros para o ano 2025 e 1.750.000 euros para o ano 2026. En total, 4.000.000 euros.

2. A dita aplicación orzamentaria poderase incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. A concesión destas axudas realizarase con cargo ao crédito asignado para tales efectos na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

4. De conformidade co artigo 10.3 do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a ISV no marco do PEPAC, unha vez coñecidas as dispoñibilidades financeiras para a reestruturación e reconversión de viñedo, acordadas pola Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, o orzamento distribuirase da seguinte forma:

a. En primeiro lugar, detraeranse do montante asignado os fondos que se consideren necesarios para atender os pagamentos pendentes do exercicio financeiro en curso ou exercicios anteriores que teñan que efectuarse no exercicio seguinte.

b. Os fondos restantes constituirán o orzamento dispoñible para aprobar as operacións das novas solicitudes cuxos pagamentos deban executarse no exercicio seguinte.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

Nos aspectos non recollidos nesta orde haberá que aterse ao disposto na normativa da organización común dos mercados dos produtos agrarios (OCMA única) con relación ao sector vitivinícola, no Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC) e nas súas modificacións posteriores, e outra normativa básica da Unión, estatal e/ou autonómica, así como na Lei xeral de subvencións, e na Lei de subvencións de Galicia, e en particular:

O Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención sectorial vitivinícola no marco do plan estratéxico da política agrícola común.

O Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico da política agrícola común e outras axudas da política agrícola común.

O Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

O Real decreto 1338/2018, do 29 de outubro, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira. Protección de datos

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en gandaría, agricultura e industrias agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

A. Características das operacións, obxectivos globais perseguidos e accións mínimas para o seu cumprimento.

Operación

Característica da operación

Obxectivo global que persegue a operación en función de cada característica

Accións mínimas, das incluídas que debe incluír a operación para cumprir o obxectivo global

Accións que pode conter a operación

Replantación con ou sen sistema de condución (operación anual ou bienal)

Con variedades incluídas en DOP/IXP

Mellorar ou manter a competitividade

Planta e plantación

Arranque e retirada de cepas.

Preparación do solo.

Desinfección do terreo.

Despedregado.

Nivelación do terreo.

Socalcos.

Planta e Plantación.

Protectores que rodean a planta (material e colocación).

Sistema de condución (material e colocación) (espaldeira, empalizada, emparrado e elevación individualizada).

Que implique unha diminución da densidade, de polo menos un 10 % mediante a modificación do marco de plantación, respecto da plantación anterior

Redución de insumos e conservación solos

Planta e plantación

Que transforme a secaño ou se manteña a superficie do viñedo en secaño

Xestión dos recursos hídricos

Planta e plantación

Con socalcos

Resistencia da produción ao risco de erosión do solo

Planta e plantación

Socalcos

Con instalación dun sistema de condución sustentable

Mellora do ambiente

Planta e plantación

Sistema de condución (material e colocación)

Con cambio de localización a zonas de montaña

Adaptación ao cambio climático

Planta e plantación

Que implique unha recolocación duns ou máis viñedos arrincados co obxecto de unificalos nunha mesma parcela vitícola que faciliten as operacións de laboreo e recolección

Mellora do medio ambiente, reducindo a emisión de contaminantes

Planta e plantación

Ningunha característica das anteriores

Mellorar ou manter a competitividade

Planta e plantación

Reconversión de viñedos mediante cambio de variedade: sobreenxertado (operación anual)

Con variedades incluídas en DOP/IXP

Mellorar ou manter a competitividade

Sobreenxertado (material e enxerto)

Sobreenxertado ou enxertado sobre pé franco (material e enxerto).

Instalación do sistema de condución (material e colocación).

Ningunha característica das anteriores (1)

Mellorar ou manter a competitividade

Mellora de técnicas de xestión (operación anual)

Cambio do sistema de condución existente a un sistema de condución máis sustentable

Mellora do medio ambiente

Instalación do sistema de condución (material e colocación)

Instalación do sistema de condución (material e colocación) (cambio de vaso a outro sistema).

Replantación por arranque por motivos sanitarios ou fitosanitarios por orde da autoridade competente.

Non se aplica

Replantar

Planta e plantación

Preparación do solo.

Desinfección do terreo.

Planta e plantación.

Protectores que rodean a planta (material e colocación).

(1) Calquera cambio de variedade ou mesmo un cambio de clon dunha variedade por outro clon da mesma variedade mediante enxertos coa finalidade de, entre outras cousas, reducir o exceso de vigor vexetal e aumentar a resistencia ás enfermidades, é subvencionable dentro deste tipo de operacións xa que son clons con características diferentes.

B. Obxectivos ambientais e climáticos que cumplen as operacións con cada unha das seguintes características

Operación

Característica da operación

Obxectivo ambiental e climático

Replantación con ou sen sistema de condución

Que implique unha diminución da densidade respecto da plantación

Lograr unha redución do uso actual dos insumos de produción, da emisión de contaminantes ou dos residuos do proceso de produción

Que transforme a secaño ou se manteña a superficie do viñedo en secaño

Lograr unha redución do uso da auga

Con socalcos

Aumentar a resistencia da produción aos riscos vinculados ao cambio climático, como a erosión do solo

Con instalación dun sistema de condución sustentable

Lograr unha redución do uso actual dos insumos de produción, da emisión de contaminantes ou dos residuos do proceso de produción

Con cambio de localización a zonas de montaña

Aumentar a resistencia da produción aos riscos vinculados ao cambio climático, como a erosión do solo

Que implique unha recolocación dun ou máis viñedos arrincados co obxecto de unificalos nunha mesma parcela vitícola que faciliten as operacións de laboreo e recolección

Lograr unha redución do uso actual dos insumos de produción, da emisión de contaminantes ou dos residuos do proceso de produción

Mellora de técnicas de xestión

Cambio do sistema de condución existente a un sistema de condución máis sustentable

Lograr unha redución do uso actual dos insumos de produción, da emisión de contaminantes ou dos residuos do proceso de produción

ANEXO VI

Custos unitarios

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios son os que se detallan a seguir:

1. Custos unitarios de arrinca e retirada de cepas.

A arrinca é a eliminación total de todas as cepas que se atopen nunha superficie plantada de vide. A acción subvencionada consiste tanto na eliminación do portaenxerto como da parte aérea da planta.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

Arrinca + retirada

Arrinca + retirada

<10

S<0,10

662,67

477,83

0,10 <S <0,25

634,74

456,21

0,25 = S < 0,5

606,80

434,60

0,5 = S < 1

590,04

421,63

1=S<2,5

567,69

404,33

S>2,5

539,76

382,72

10-20

S<0,10

699,36

508,66

0,10 <S <0,25

668,88

484,90

0,25 = S < 0,5

638,40

461,15

0,5 = S < 1

620,11

446,89

1=S<2,5

595,72

427,89

S>2,5

565,24

404,13

21-30

S<0,10

847,05

623,76

0,10 <S <0,25

806,31

592,01

0,25 = S < 0,5

765,57

560,26

0,5 = S < 1

741,13

541,21

1=S<2,5

708,53

515,81

S>2,5

667,80

484,06

>30

1.922,15

1.086,08

No caso de que unha operación inclúa entre as accións subvencionables o arrinca dun viñedo que se atope fóra de Galicia pero que pertenza á propia explotación da persoa viticultora, solicitaráselle o seu custo á comunidade autónoma onde se realice esta arrinca e toda a información necesaria para o pagamento da axuda correspondente por esta acción.

2. Custos unitarios da preparación do terreo.

Os labores previstos na preparación do terreo refírense a:

Labor profundo, a unha profundidade de 30-50 cm mediante un subsolador ou arado de vertedeira.

Emenda cálcica e magnésica, co obxectivo de subir o pH do terreo ata valores de 6.

Emenda mineral, co obxectivo cubrir as necesidades nutricionais das vides.

Labor superficial, a unha profundidade de 10 cm mediante o emprego dun chisel, bancada de discos ou cultivador.

Tamén se considera preparación do terreo a apertura de ocos mecanizada e posterior achega de emendas.

Naquelas parcelas con pendente superior ao 30 %, como a acción se realizará de xeito manual, os labores incluidos son a apertura de ocos manual e máis a aplicación de emendas.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<10

S<0,10

1.724,77

1.453,79

0,10 <S <0,25

1.646,76

1.394,61

0,25 = S < 0,5

1.568,76

1.335,42

0,5 = S < 1

1.521,96

1.299,91

1=S<2,5

1.459,55

1.252,56

S>2,5

1.381,55

1.193,37

10-20

S<0,10

2.116,25

1.764,26

0,10 <S <0,25

2.011,06

1.683,51

0,25 = S < 0,5

1.905,87

1.602,77

0,5 = S < 1

1.842,75

1.554,32

1=S<2,5

1.758,60

1.489,72

S>2,5

1.653,41

1.408,97

21-30

S<0,10

2.263,94

1.879,36

0,10 <S <0,25

2.148,49

1.790,62

0,25 = S < 0,5

2.033,04

1.701,88

0,5 = S < 1

1.963,77

1.648,64

1=S<2,5

1.871,42

1.577,64

S>2,5

1.755,97

1.488,90

>30

3.692,06

2.383,93

3. Custos unitarios da desinfección do terreo.

Aplicación dun produto desinfectante.

A necesidade de realizar unha desinfección do terreo xustificarase achegando unha análise microbiolóxica de solo realizada por un laboratorio recoñecido.

Será obrigatorio comunicar por escrito á oficina agraria comarcal que lle corresponda, con polo menos dez días de antelación, a data e a hora en que se realizará esta acción, así como o produto que se vai empregar e a persoa ou empresa que levará a cabo a aplicación, achegando a copia do contrato neste último caso.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<10

S<0,10

1.634,01

1.601,52

0,10 <S <0,25

1.624,70

1.594,47

0,25 = S < 0,5

1.615,40

1.587,42

0,5 = S < 1

1.609,81

1.583,19

1=S<2,5

1.602,37

1.577,55

S>2,5

1.593,06

1.570,50

10-20

S<0,10

1.701,52

1.652,67

0,10 <S <0,25

1.687,52

1.642,07

0,25 = S < 0,5

1.673,53

1.631,46

0,5 = S < 1

1.665,13

1.625,10

1=S<2,5

1.653,94

1.616,62

S>2,5

1.639,94

1.606,02

21-30

S<0,10

1.751,90

1.690,84

0,10 <S <0,25

1.734,41

1.677,58

0,25 = S < 0,5

1.716,91

1.664,33

0,5 = S < 1

1.706,42

1.656,38

1=S<2,5

1.692,42

1.645,78

S>2,5

1.674,93

1.632,53

>30

-

2.726,46

2.215,12

4. Custos unitarios do despedregado.

Só se considera o labor de despedregado naquelas parcelas en que sexa posible a mecanización con despedregadora, é dicir, con pendentes inferiores ao 30 %. Naqueles terreos con pendentes superiores a este valor, onde os traballos se realizan de forma manual, o despedregado realízase coa preparación do terreo (apertura de ocos), non requiríndose un labor específico. O persoal técnico da Consellería do Medio Rural que realice a acta de non inicio informará da pertinencia ou non desta acción segundo o estado do terreo.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<10

S<0,10

682,49

520,06

0,10<S<0,25

635,1

483,94

0,25=S<0,5

587,7

447,83

0,5=S<1

559,27

426,16

1=S<2,5

521,35

397,27

S>2,5

473,95

361,15

10-20

S<0,10

861,54

666,67

0,10<S<0,25

801,72

620,37

0,25=S<0,5

741,89

574,07

0,5=S<1

705,99

546,3

1=S<2,5

658,12

509,26

S>2,5

598,29

462,96

21-30

S<0,10

861,54

666,67

0,10<S<0,25

801,72

620,37

0,25=S<0,5

741,89

574,07

0,5=S<1

705,99

546,3

1=S<2,5

658,12

509,26

S>2,5

598,29

462,96

5. Custos unitarios da nivelación do terreo.

Esta operación ten como obxectivo reducir as irregularidades da superficie do viñedo deixando o terreo cunha pendente uniforme para permitir a mecanización das diferentes operacións de cultivo. A nivelación realizarase unicamente naquelas parcelas que non sexan socalcadas, é dicir, con pendentes inferiores ao 20 %.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<20

S<0,10

1.367,45

811,01

0,10<S<0,25

1.272,49

754,69

0,25=S<0,5

1.177,53

698,37

0,5=S<1

1.120,55

664,58

1=S<2,5

1.044,58

619,52

S>2,5

949,62

563,2

6. Custos unitarios de socalcos no terreo con noiros naturais.

Para establecer a subvencionabilidade desta acción será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico/a agrario/a (con titulación en Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría Técnico Agrícola, ou grao en Enxañería Agrícola e do Medio Rural ou equivalente).

Ancho socalco

Pendente do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

Total

Total

<4

20

S < 0,10

6.963,40

5.832,19

0,10 ≤ S < 0,25

6.621,07

5.568,42

0,25 ≤ S < 0,5

6.278,73

5.304,64

0,5 ≤ S < 1

6.073,34

5.146,38

1 ≤ S < 2,5

5.799,47

4.935,36

S ≥ 2,5

5.457,14

4.671,58

25

S < 0,10

7.906,72

6.679,52

0,10 ≤ S < 0,25

7.534,55

6.392,57

0,25 ≤ S < 0,5

7.162,37

6.105,62

0,5 ≤ S < 1

6.939,07

5.933,45

1 ≤ S < 2,5

6.641,33

5.703,89

S ≥ 2,5

6.269,16

5.416,93

<4

30

S < 0,10

9.723,80

8.283,02

0,10 ≤ S < 0,25

9.285,20

7.944,48

0,25 ≤ S < 0,5

8.846,61

7.605,94

0,5 ≤ S < 1

8.583,45

7.402,81

1 ≤ S < 2,5

8.232,58

7.131,98

S ≥ 2,5

7.793,98

6.793,44

35

S < 0,10

10.467,22

8.941,81

0,10 ≤ S < 0,25

10.002,28

8.582,81

0,25 ≤ S < 0,5

9.537,35

8.223,80

0,5 ≤ S < 1

9.258,39

8.008,40

1 ≤ S < 2,5

8.886,44

7.721,19

S ≥ 2,5

8.421,50

7.362,19

40

S < 0,10

12.003,65

9.747,31

0,10 ≤ S < 0,25

11.454,83

9.355,18

0,25 ≤ S < 0,5

10.906,02

8.963,06

0,5 ≤ S < 1

10.576,73

8.727,78

1 ≤ S < 2,5

10.137,68

8.414,08

S ≥ 2,5

9.588,86

8.021,96

≥4≤6

20

S < 0,10

7.111,30

5.791,23

0,10 ≤ S < 0,25

6.758,70

5.530,30

0,25 ≤ S < 0,5

6.406,09

5.269,37

0,5 ≤ S < 1

6.194,53

5.112,81

1 ≤ S < 2,5

5.912,45

4.904,07

S ≥ 2,5

5.559,85

4.643,14

25

S < 0,10

8.329,21

6.795,68

0,10 ≤ S < 0,25

7.927,69

6.500,66

0,25 ≤ S < 0,5

7.526,18

6.205,64

0,5 ≤ S < 1

7.285,27

6.028,63

1 ≤ S < 2,5

6.964,06

5.792,62

S ≥ 2,5

6.562,55

5.497,60

30

S < 0,10

9.189,82

7.965,86

0,10 ≤ S < 0,25

8.788,31

7.649,34

0,25 ≤ S < 0,5

8.386,80

7.332,83

0,5 ≤ S < 1

8.145,89

7.142,92

1 ≤ S < 2,5

7.824,68

6.889,70

S ≥ 2,5

7.423,16

6.573,19

7. Custos unitarios de socalcos no terreo con muros de pedra de ata 2 metros de alto.

Para establecer a subvencionabilidade desta acción será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico/a agrario/a (con titulación en Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría Técnico Agrícola, ou grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural ou equivalente).

Ancho socalco

Pendente do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<5

≥30

S < 0,10

29.232,97

18.862,12

0,10 ≤ S < 0,25

27.202,90

17.552,25

0,25 ≤ S < 0,5

25.172,83

16.242,38

0,5 ≤ S < 1

23.954,79

15.456,46

1 ≤ S < 2,5

22.330,74

14.408,56

S ≥ 2,5

20.300,67

13.098,69

≥35

S < 0,10

35.677,94

22.914,75

0,10 ≤ S < 0,25

33.200,31

21.323,44

0,25 ≤ S < 0,5

30.722,67

19.732,14

0,5 ≤ S < 1

29.236,09

18.777,36

1 ≤ S < 2,5

27.253,98

17.504,32

S ≥ 2,5

24.776,35

15.913,02

≥40

S < 0,10

35.677,94

22.914,75

0,10 ≤ S < 0,25

44.759,62

28.942,82

0,25 ≤ S < 0,5

41.419,35

26.782,91

0,5 ≤ S < 1

39.415,19

25.486,96

1 ≤ S < 2,5

36.742,97

23.759,03

S ≥ 2,5

33.402,70

21.599,12

≥45

S < 0,10

55.541,03

35.323,98

0,10 ≤ S < 0,25

51.684,01

32.870,93

0,25 ≤ S < 0,5

47.827,00

30.417,87

0,5 ≤ S < 1

45.512,79

28.946,04

1 ≤ S < 2,5

42.427,17

26.983,60

S ≥ 2,5

38.570,16

24.530,54

≥50

S < 0,10

70.951,47

44.910,30

0,10 ≤ S < 0,25

66.024,28

41.791,53

0,25 ≤ S < 0,5

61.097,10

38.672,76

0,5 ≤ S < 1

58.140,78

36.801,50

1 ≤ S < 2,5

54.199,04

34.306,48

S ≥ 2,5

49.271,85

31.187,71

≥55

S < 0,10

79.388,76

50.791,00

0,10 ≤ S < 0,25

73.875,66

47.263,84

0,25 ≤ S < 0,5

68.362,55

43.736,69

0,5 ≤ S < 1

65.054,68

41.620,40

1 ≤ S < 2,5

60.644,20

38.798,68

S ≥ 2,5

55.131,09

35.271,53

<5

≥60

S < 0,10

84.630,46

61.623,52

0,10 ≤ S < 0,25

78.753,34

57.344,11

0,25 ≤ S < 0,5

72.876,23

53.064,70

0,5 ≤ S < 1

69.349,96

50.497,05

1 ≤ S < 2,5

64.648,27

47.073,52

S ≥ 2,5

58.771,15

42.794,11

≥65

S < 0,10

91.991,81

67.520,71

0,10 ≤ S < 0,25

85.603,49

62.831,77

0,25 ≤ S < 0,5

79.215,17

58.142,83

0,5 ≤ S < 1

75.382,18

55.329,47

1 ≤ S < 2,5

70.271,52

51.578,32

S ≥ 2,5

63.883,20

46.889,38

≥70

S < 0,10

127.778,50

80.796,16

0,10 ≤ S < 0,25

118.904,99

75.185,31

0,25 ≤ S < 0,5

110.031,49

69.574,47

0,5 ≤ S < 1

104.707,38

66.207,96

1 ≤ S < 2,5

97.608,58

61.719,29

S ≥ 2,5

88.735,07

56.108,44

>5≤15

≥30

S < 0,10

38.231,96

24.197,12

0,10 ≤ S < 0,25

35.576,96

22.516,76

0,25 ≤ S < 0,5

32.921,97

20.836,41

0,5 ≤ S < 1

31.328,97

19.828,19

1 ≤ S < 2,5

29.204,97

18.483,91

S ≥ 2,5

26.549,97

16.803,55

≥35

S < 0,10

51.869,58

32.707,99

0,10 ≤ S < 0,25

48.267,53

30.436,60

0,25 ≤ S < 0,5

44.665,47

28.165,21

0,5 ≤ S < 1

42.504,24

26.802,38

1 ≤ S < 2,5

39.622,60

24.985,27

S ≥ 2,5

36.020,54

22.713,88

≥40

S < 0,10

67.499,53

42.448,57

0,10 ≤ S < 0,25

62.812,06

39.500,75

0,25 ≤ S < 0,5

58.124,60

36.552,93

0,5 ≤ S < 1

55.312,12

34.784,24

1 ≤ S < 2,5

51.562,14

32.425,99

S ≥ 2,5

46.874,67

29.478,17

8. Custos unitarios de socalcos no terreo con muros de pedra de 2 metros ata 4 metros de alto.

Para establecer a subvencionabilidade desta acción será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico/a agrario/a (con titulación en Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría Técnico Agrícola, ou grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural ou equivalente).

Ancho socalco

Pendente do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<5

≥30

S < 0,10

29.232,97

18.862,12

0,10 ≤ S < 0,25

27.202,90

17.552,25

0,25 ≤ S < 0,5

25.172,83

16.242,38

0,5 ≤ S < 1

23.954,79

15.456,46

1 ≤ S < 2,5

22.330,74

14.408,56

S ≥ 2,5

20.300,67

13.098,69

≥35

S < 0,10

35.677,94

22.914,75

0,10 ≤ S < 0,25

33.200,31

21.323,44

0,25 ≤ S < 0,5

30.722,67

19.732,14

0,5 ≤ S < 1

29.236,09

18.777,36

1 ≤ S < 2,5

27.253,98

17.504,32

S ≥ 2,5

24.776,35

15.913,02

≥40

S < 0,10

35.677,94

22.914,75

0,10 ≤ S < 0,25

44.759,62

28.942,82

0,25 ≤ S < 0,5

41.419,35

26.782,91

0,5 ≤ S < 1

39.415,19

25.486,96

1 ≤ S < 2,5

36.742,97

23.759,03

S ≥ 2,5

33.402,70

21.599,12

≥45

S < 0,10

55.541,03

35.323,98

0,10 ≤ S < 0,25

51.684,01

32.870,93

0,25 ≤ S < 0,5

47.827,00

30.417,87

0,5 ≤ S < 1

45.512,79

28.946,04

1 ≤ S < 2,5

42.427,17

26.983,60

S ≥ 2,5

38.570,16

24.530,54

≥50

S < 0,10

70.951,47

44.910,30

0,10 ≤ S < 0,25

66.024,28

41.791,53

0,25 ≤ S < 0,5

61.097,10

38.672,76

0,5 ≤ S < 1

58.140,78

36.801,50

1 ≤ S < 2,5

54.199,04

34.306,48

S ≥ 2,5

49.271,85

31.187,71

≥55

S < 0,10

79.388,76

50.791,00

0,10 ≤ S < 0,25

73.875,66

47.263,84

0,25 ≤ S < 0,5

68.362,55

43.736,69

0,5 ≤ S < 1

65.054,68

41.620,40

1 ≤ S < 2,5

60.644,20

38.798,68

S ≥ 2,5

55.131,09

35.271,53

<5

≥60

S < 0,10

84.630,46

61.623,52

0,10 ≤ S < 0,25

78.753,34

57.344,11

0,25 ≤ S < 0,5

72.876,23

53.064,70

0,5 ≤ S < 1

69.349,96

50.497,05

1 ≤ S < 2,5

64.648,27

47.073,52

S ≥ 2,5

58.771,15

42.794,11

≥65

S < 0,10

91.991,81

67.520,71

0,10 ≤ S < 0,25

85.603,49

62.831,77

0,25 ≤ S < 0,5

79.215,17

58.142,83

0,5 ≤ S < 1

75.382,18

55.329,47

1 ≤ S < 2,5

70.271,52

51.578,32

S ≥ 2,5

63.883,20

46.889,38

≥70

S < 0,10

127.778,50

80.796,16

0,10 ≤ S < 0,25

118.904,99

75.185,31

0,25 ≤ S < 0,5

110.031,49

69.574,47

0,5 ≤ S < 1

104.707,38

66.207,96

1 ≤ S < 2,5

97.608,58

61.719,29

S ≥ 2,5

88.735,07

56.108,44

>5≤30

≥30

S < 0,10

38.231,96

24.197,12

0,10 ≤ S < 0,25

35.576,96

22.516,76

0,25 ≤ S < 0,5

32.921,97

20.836,41

0,5 ≤ S < 1

31.328,97

19.828,19

1 ≤ S < 2,5

29.204,97

18.483,91

S ≥ 2,5

26.549,97

16.803,55

≥35

S < 0,10

51.869,58

32.707,99

0,10 ≤ S < 0,25

48.267,53

30.436,60

0,25 ≤ S < 0,5

44.665,47

28.165,21

0,5 ≤ S < 1

42.504,24

26.802,38

1 ≤ S < 2,5

39.622,60

24.985,27

S ≥ 2,5

36.020,54

22.713,88

≥40

S < 0,10

67.499,53

42.448,57

0,10 ≤ S < 0,25

62.812,06

39.500,75

0,25 ≤ S < 0,5

58.124,60

36.552,93

0,5 ≤ S < 1

55.312,12

34.784,24

1 ≤ S < 2,5

51.562,14

32.425,99

S ≥ 2,5

46.874,67

29.478,17

9. Custos unitarios da planta e plantación.

Pte. (%)

Custos medios alleos (€/planta)

Custos medios propios (€/planta)

<30

2,04

1,91

>30

2,06

1,93

10. Custos unitarios da instalación de protectores contra coellos.

Custos medios alleos (€/planta)

Custos medios propios (€/planta)

0,97

0,72

11. Custos unitarios da instalación de espaller.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<10

S<0,10

8.018,23

6.822,83

0,10 <S <0,25

7.853,47

6.718,89

0,25 = S < 0,5

7.688,71

6.614,95

0,5 = S < 1

7.589,85

6.552,58

1=S<2,5

7.458,04

6.469,42

S>2,5

7.293,27

6.365,48

10-20

S<0,10

8.192,75

6.864,07

0,10 <S <0,25

8.019,75

6.760,12

0,25 = S < 0,5

7.846,75

6.656,18

0,5 = S < 1

7.742,95

6.593,81

1=S<2,5

7.604,55

6.510,66

S>2,5

7.431,55

6.406,71

21-30

S<0,10

8.367,27

7.054,98

0,10 <S <0,25

8.186,03

6.940,64

0,25 = S < 0,5

8.004,79

6.826,30

0,5 = S < 1

7.896,05

6.757,70

1=S<2,5

7.751,06

6.666,23

S>2,5

7.569,82

6.551,89

>30

-

8.810,10

6.902,34

12. Custos unitarios da instalación de estacada.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<10

S<0,10

8.614,23

7.418,83

0,10 <S <0,25

8.449,47

7.314,89

0,25 = S < 0,5

8.284,71

7.210,95

0,5 = S < 1

8.185,85

7.148,58

1=S<2,5

8.054,04

7.065,42

S>2,5

7.889,27

6.961,48

10-20

S<0,10

8.788,75

7.460,07

0,10 <S <0,25

8.615,75

7.356,12

0,25 = S < 0,5

8.442,75

7.252,18

0,5 = S < 1

8.338,95

7.189,81

1=S<2,5

8.200,55

7.106,66

S>2,5

8.027,55

7.002,71

21-30

S<0,10

8.963,27

7.650,98

0,10 <S <0,25

8.782,03

7.536,64

0,25 = S < 0,5

8.600,79

7.422,30

0,5 = S < 1

8.492,05

7.353,70

1=S<2,5

8.347,06

7.262,23

S>2,5

8.165,82

7.147,89

>30

-

9.406,10

7.498,34

13. Custos unitarios da instalación de emparrado.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

<10

S<0,10

32.174,05

21.633,80

0,10 <S <0,25

31.990,47

21.519,70

0,25 = S < 0,5

31.806,90

21.405,60

0,5 = S < 1

31.696,76

21.337,14

1=S<2,5

31.549,90

21.245,86

S>2,5

31.366,32

21.131,76

10-20

S<0,10

32.845,74

22.152,28

0,10 <S <0,25

32.626,37

22.016,73

0,25 = S < 0,5

32.407,00

21.881,18

0,5 = S < 1

32.275,38

21.799,85

1=S<2,5

32.099,89

21.691,41

S>2,5

31.880,52

21.555,86

21-30

S<0,10

33.710,68

23.176,54

0,10 <S <0,25

33.399,28

23.019,54

0,25 = S < 0,5

33.160,66

22.862,54

0,5 = S < 1

33.017,49

22.768,34

1=S<2,5

32.826,60

22.642,74

S>2,5

32.587,98

22.485,74

14. Custos unitarios da elevación individualizada.

A elevación individualizada, tamén chamada sistema de condución de eixe vertical ou vaso en eixe vertical, consiste nunha estaca ou titor vertical, xeralmente, de madeira tratada, dunha altura superior a 1,5 metros e diámetro mínimo de 6 cm.

Custos medios alleos (€/cepa)

Custos medios propios (€/cepa)

4,07

3,96

15. Custos unitarios do sobreenxertado.

Tipo de cepa

Custos medios alleos (€/planta)

Custos medios propios (€/planta)

Cepas (> 5 anos)

2,43

1,37

Cepas (< 5 anos)

1,09

0,62

16. Custos unitarios do cambio de vaso a espaldeira ou a outro sistema de condución.

Superficie parcela (ha)

Custos medios alleos (€/ha)

Custos medios propios (€/ha)

S<0,10

842,21

470,55

0,10 <S <0,25

824,28

460,25

0,25 = S < 0,5

806,36

449,94

0,5 = S < 1

795,61

443,75

1=S<2,5

781,27

435,51

S>2,5

763,35

425,2

Anexo VII

Variedades de uva de vinificación financiables en Galicia

Brancas

Tintas

Agudelo,

Albilla do Avia

Albariño

Branca de Monterrei

Branco lexítimo

Caíño Blanco

Dona Branca

Godello

Lado

Loureira, Loureiro Blanco, Marqués

Ratiño Galega

Torrontés

Treixadura

Brancellao

Bruñal, Albarín Tinto

Caíño Bravo

Caíño Longo

Caíño Tinto

Castañal

Espadeiro, Torneiro

Ferrón

Loureiro Tinto

Mencía

Merenzao, Mª Ordoña

Mouratón

Pedral, Dozal

Sousón

Anexo VIII

Variedades de portaenxerto

Código

Nome

2

R. de Lot

3

196-17 CL

4

6 736 CL

5

161-49 C

7

3 309 C

8

41B M

9

420A M

10

31 R

11

99 R

12

110 R

13

5 BB T

19

333 EM

20

BCI

21

1616 C

22

13-5 EVEX

23

5A MZ

24

19-62 M

25

1 103 P

26

140 Ru

27

S04

28

101-14M