DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20793

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 13 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PL400A).

A Constitución española establece no artigo 3 que «As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos», ademais de recoñecer que as linguas de España son un patrimonio cultural que deberá ser obxecto de respecto e protección.

En consonancia coa Constitución española, o Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5, dispón que «A lingua propia de Galicia é o galego» e que «Os poderes públicos de Galicia garantirán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa…».

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no artigo 2, reitera este mandato, concretando que «Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma galega», e establece no seu artigo 4.1 que «O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma».

Ademais, no artigo 6.4 prevé que «A Xunta ditará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego. As corporacións locais deberán facelo de acordo coas normas recollidas nesta lei».

No artigo 22 sinala que «O Goberno galego asumirá a dirección técnica e o seguimento do proceso de normalización da lingua galega; asesorará a Administración e os particulares, e coordinará os servizos encamiñados a conseguir os obxectivos desa lei», e o seu artigo 25 «O Goberno galego e as corporacións locais dentro do seu ámbito fomentarán a normalización do uso do galego nas actividades mercantís publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras».

A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, feita en Estrasburgo o 5 de novembro de 1992, ratificada polo Estado español mediante o Instrumento de ratificación publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 222, do 15 de setembro de 2001, establece, no seu artigo 10.2, que as autoridades locais se comprometen a permitir e a fomentar o emprego das linguas rexionais ou minoritarias no marco da Administración local e, en concreto, nas solicitudes, nos textos oficiais, nos debates das súas asembleas e na toponimia, así como no resto de actividades que as administracións realicen por si mesmas ou por terceiros interpostos para a prestación dos servizos públicos garantidos, segundo se establece no parágrafo 3 deste mesmo artigo.

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no artigo 7, números 1 e 3, dispón, respectivamente, que «O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén da súa Administración local» e que «A Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local».

Así mesmo, o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 21 de setembro de 2004, contén, entre outros, os seguintes obxectivos referidos á Administración local:

É necesario consolidar o papel normalizador das corporacións locais por medio da xeneralización do uso do galego como principal lingua de traballo e comunicación cos seus administrados.

Cómpre incluír a promoción do galego no concepto de servizo que o concello e a comarca lle ofrecen á cidadanía, tanto directamente como a través das empresas subcontratadas.

Hai que poñer os medios para que todo persoal traballador ao servizo directo ou indirecto da Administración local ou comarcal teña unha actitude favorable ao emprego da lingua propia de Galicia, coñecemento oral e escrito suficiente para atender nesa lingua o/a cidadán/cidadá que o desexe e que teña tamén práctica habitual na oferta positiva.

É necesario darlle continuidade á política pública de fomento a través desta convocatoria de subvención para a promoción do galego nas entidades locais de Galicia, incidindo nas actuacións que garantan unha maior proxección e visibilidade da lingua galega, non só no ámbito administrativo, senón fundamentalmente na acción destinada ao conxunto da sociedade. Así mesmo, e de acordo cos plans de dinamización lingüística e outras estratexias de acción que, ao longo do tempo, desenvolve esta secretaría xeral, como son, entre outros: o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico, na mocidade ou no ámbito deportivo, promoverase que as accións que desenvolvan as entidades locais que se acollan a estas subvencións potencien o uso do galego nestas áreas concretas.

Esta norma ten a pretensión de favorecer a coordinación na tarefa normalizadora e de introducir pautas axeitadas para a planificación da actividade de dinamización social do galego.

Enténdese a dinamización lingüística como o proceso de promoción da lingua que se leva a cabo mediante o emprego integrado de todas as actividades que faciliten este proceso (formación, elaboración do corpus, sensibilización lingüística, etc.), co obxectivo de incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en toda a sociedade.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, consciente da necesidade de promover a coordinación en materia de dinamización lingüística entre as diferentes entidades e administracións, está a desenvolver liñas de actuación e medidas para aumentar a efectividade das actuacións dinamizadoras dirixidas á sociedade.

A Administración local constitúe unha vía de dinamización lingüística prioritaria, por tratarse da organización administrativa que máis próxima e directamente lle transmite a acción pública á cidadanía. Permite a aplicación de medidas de intervención directa na presenza social da lingua de xeito uniforme, atendendo á poboación e ao territorio, e favorecendo tamén a planificación individualizada para cada zona, segundo as particularidades sociolingüísticas destas.

Na súa intención de contribuír á materialización destes obxectivos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística creou a Rede de dinamización lingüística a través da Orde do 14 de setembro, publicada no DOG núm. 182, do 21 de setembro de 2010, dirixida a fomentar a dinamización e a cooperación entre as distintas entidades locais, coa finalidade de potenciar o proceso de extensión do uso do galego de xeito coordinado e planificado.

A Rede de dinamización lingüística busca favorecer a colaboración e a acción conxunta e coordinada entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as entidades locais integradas nesta rede, que permita intercambiar experiencias e sumar esforzos, así como evitar a duplicidade de tarefas semellantes entre diferentes administracións e outras organizacións que actúan na promoción do uso da lingua galega.

Para darlles cumprimento aos obxectivos da Rede e apoiar as entidades locais de Galicia no labor de normalización lingüística das súas estruturas administrativas e de prestación de servizos lingüísticos demandadas pola cidadanía, esta secretaría xeral convoca axudas económicas que reforcen e posibiliten a prestación dos ditos servizos na maior parte do territorio galego.

Esta convocatoria pretende impulsar e apoiar, mediante os agrupamentos, a prestación de servizos lingüísticos e a dinamización social da lingua galega naqueles concellos que, por posuíren unha poboación inferior aos 3.000 habitantes, poden atopar importantes dificultades para desenvolveren estas tarefas, dada a limitación dos seus recursos.

A convocatoria mantén, ademais, o reforzo da formación lingüística fixada en edicións anteriores, co fin de que as entidades locais, por medio do persoal técnico de cadanseu servizo lingüístico, programen e desenvolvan cursos formativos de lingua galega. A dita formación será impartida, de ser o caso, polo persoal técnico dos servizos lingüísticos locais que posúan as seguintes titulacións: grao en Lingua e Literatura Galegas, grao en estudos de Galego e Español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, as licenciaturas equivalentes aos ditos graos ou outras titulacións superiores pertencentes á Área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5). Así mesmo, a información sobre estes cursos (nivel, contido, horarios, lugar de realización, forma de inscrición) poderá ser consultada na páxina web www.lingua.gal

Á Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 9 do Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, compétenlle, entre outras funcións, o impulso de propostas normativas que potencien a normalización lingüística e o fomento do uso da lingua galega, así como o fomento das actividades de normalización e promoción da lingua galega nas administracións públicas.

Cómpre sinalar que coa publicación desta orde se impulsa unha medida tendente a conservar o emprego do persoal contratado para a realización de funcións de interese público e social, como é a normalización lingüística, e supoñerá, tamén, un impulso para que desde as administracións públicas locais se poñan en marcha iniciativas que sirvan para aproveitar o talento individual e colectivo dos axentes representativos do tecido económico cultural e creativo galego para promover a transición cara a outros modelos de negocio máis innovadores e orientados ao consumo dixital, tamén no ámbito da promoción lingüística.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Anunciar a convocatoria para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e proceder á súa convocatoria segundo as seguintes bases:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

O obxecto deste procedemento é establecer axudas para fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2024, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento PL400A).

Con esta orde apróbanse as bases e convócanse estas axudas en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2. Orzamento

O financiamento das axudas farase con cargo á partida orzamentaria 10.02.151A.460.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, por unha contía inicial máxima de 350.000 euros, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.

3. Estes concellos ou agrupamento de concellos deberán ter unha poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Artigo 4. Modalidades de axuda

1. As modalidades que adopta esta subvención son as que se relacionan a seguir:

a) A creación dun servizo lingüístico, que inclúe a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística.

b) O mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico, que inclúe a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística.

c) O desenvolvemento de accións e programas de dinamización lingüística por unha entidade local carente de servizo lingüístico.

2. Cada entidade local ou agrupamento de concellos poderá solicitar unha única modalidade de axuda ao abeiro desta convocatoria e tendo en conta que a prestación de servizos lingüísticos, segundo o previsto nas alíneas a) e b) deste artigo, implica a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, as tres modalidades de axuda incluirán a súa realización. Para o caso das modalidades a) e b), relativas á creación dun servizo lingüístico, mantemento ou reforzamento daquel, consideraranse subvencionables, ademais dos gastos de persoal, os gastos que supoña a realización de accións ou actividades de dinamización lingüística.

3. Inadmitiranse as solicitudes de entidades locais ou de agrupamento de concellos que soliciten máis dunha modalidade de axuda e, así mesmo, as solicitudes presentadas por concellos agrupados cando non se acredite a realización conxunta de accións dinamizadoras ou a prestación de servizos lingüísticos comúns e compartidos nos concellos afectados.

4. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

5. Serán obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2024.

Artigo 5. Definicións

Para os efectos desta subvención, considéranse:

a) Servizo lingüístico: departamento técnico inserido na entidade local, dotado de recursos materiais e humanos, que ten as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente.

b) Creación dun servizo: contratación de persoal técnico en entidades locais que en 31 de decembro de 2023 non estean dotadas de servizo lingüístico e, polo tanto, non conten con persoal contratado para este fin. Incluiranse tamén nesta modalidade aqueles servizos creados no ano 2023 que non percibisen unha subvención para a creación dun servizo, ao abeiro da convocatoria dese ano, e que continúen coa súa actividade na data de publicación da convocatoria do ano 2024.

c) Mantemento dun servizo: dotación de continuidade a un servizo lingüístico creado con anterioridade á data de publicación desta convocatoria de subvencións. Considerarase nesta modalidade sempre que o servizo lingüístico estivese aberto ata o mes de outubro do ano inmediatamente anterior á publicación desta orde e que retomase a súa ocupación dentro do primeiro trimestre da convocatoria anual.

d) Reforzamento dun servizo: incorporación de máis persoal técnico, mediante a súa contratación, a un servizo lingüístico xa existente na data de publicación desta convocatoria.

e) Os proxectos obxecto de subvención que impliquen a realización de accións, campañas ou actividades de dinamización lingüística poderán ser en formato material ou dixital ou combinado (presencial e dixital).

Entenderase por formato material os produtos en forma de libros, audiolibros, xogos, fotografías, pinturas, produtos de mercadotecnia e/ou calquera outra representación presencial, teatral ou artística que incorpore a lingua galega.

Entenderase por formato dixital as creacións culturais e/ou representacións artísticas en galego que leven implícita a dinamización lingüística e/ou outros bens concibidos dixitalmente para seren exhibidos en páxinas web, redes sociais ou noutras plataformas dixitais (libros electrónicos, tabletas, teléfonos móbiles, etc.).

Artigo 6. Perfil técnico do servizo lingüístico

1. A actividade dos servizos lingüísticos locais deberá/n desenvolvela un/unha ou varios/as técnicos/as que posúa/n as seguintes titulacións:

a) Grao en Lingua e Literatura Galegas, grao en Estudos de Galego e Español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, as licenciaturas equivalentes aos ditos graos ou outras titulacións superiores pertencentes á Área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

Este persoal técnico deberá estar encadrado dentro do grupo I de cotización do réxime xeral da Seguridade Social.

b) No caso das entidades que soliciten subvención para o mantemento dun servizo lingüístico e o creasen con anterioridade ao ano 2007, poderán acceder ás subvencións aqueles que conten con persoal fixo que posúa a titulación de mestre/a con diploma de especialista en Lingua Galega ou co certificado do Curso superior de linguaxe administrativa, ou as licenciaturas e os graos previstos na alínea a) deste artigo.

2. Na selección dos/das candidatos/as, as entidades locais deberán ter en conta e valorar os seguintes coñecementos: en linguaxe administrativa, en sociolingüística e en dinamización social, así como as formacións de posgrao en planificación lingüística.

Artigo 7. Uso da lingua galega

1. As relacións interadministrativas e todas as actuacións obxecto de subvención serán en galego e ateranse, no tocante á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

2. Respectarase rigorosamente a toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 da citada Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

3. Así mesmo, atenderase o mandato legal da Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, para favorecer a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos, e ofreceráselles aos seus destinatarios a posibilidade de manteren a comunicación oral e escrita en lingua galega. Será tamén de aplicación, para a defensa dos seus dereitos lingüísticos, a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.

Artigo 8. Perspectiva de xénero e igualdade

Nas accións e actuacións obxecto de subvención promoverase a promoción activa da igualdade entre homes e mulleres, que inclúe a igualdade de trato e de oportunidades, o respecto á diversidade e á diferenza, a integración da perspectiva de xénero, o fomento de accións positivas e o uso da linguaxe non sexista.

Artigo 9. Funcións do servizo lingüístico

1. Os servizos lingüísticos desenvolverán o seu labor tanto no aspecto lingüístico como no sociolingüístico no espazo local.

2. O obxectivo principal dos servizos lingüísticos debe ser o de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal, non só no seo da propia Administración.

3. En xeral, as funcións que terán os servizos lingüísticos, tanto internas coma externas, entre outras, son as seguintes:

a) Funcións internas:

1º. Asesorar a Administración en todo o relacionado coa promoción da lingua galega.

2º. Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios para cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos dos/das aspirantes.

b) Funcións de dinamización lingüística:

1º. Planificar, xestionar, executar e avaliar accións dinamizadoras a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.

2º. Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.

3º. Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego no ámbito asociativo, educativo e empresarial, no ámbito local.

4º. Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto do uso da lingua galega.

c) Funcións de formación sociolingüística:

1º. Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.

2º. Impartir cursos de formación en lingua galega, de acordo coa programación de cada entidade local.

3º. Difundir entre a cidadanía materiais que contribúan á tarefa de promover a extensión do uso do galego: dereitos lingüísticos, lexislación e recursos lingüísticos.

4º. Colaborar no deseño de programas de formación para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas no ámbito local.

5º. Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.

6º. Definir e propoñer criterios lingüísticos para a organización.

7º. Resolver dúbidas lingüísticas.

8º. Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.

d) Funcións de coordinación:

1º. Apoiar a difusión das accións dinamizadoras desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2º. Coordinarse, de ser o caso, coa Rede de dinamización lingüística para planificar, xestionar, executar e avaliar accións de fomento do uso do galego, de acordo cos criterios e coas pautas de traballo establecidos pola coordinación técnica da propia rede.

CAPÍTULO II

Da convocatoria pública

Artigo 10. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. Só se admitirá unha solicitude por persoa beneficiaria, que se presentará conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Artigo 12. Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude remitirase a seguinte documentación:

a) Acreditación de que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais do último exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG núm. 201, do 20 de outubro). As entidades locais deberán ter cumprido este requisito na data do remate do prazo de solicitude. No caso dos agrupamentos, deberán cumprir este requisito todos os concellos que os forman.

b) Proxecto descritivo da modalidade para a cal se solicita a subvención, no cal consten todos os datos referidos a el. Debe incluír o orzamento de gastos, total e desagregado por conceptos de gasto, previsto para a realización das accións para as cales se solicita a axuda. Para tal fin, cubrirase polo miúdo o anexo II, ao cal se achegará, de o considerar necesario, unha memoria explicativa do dito proxecto.

c) Certificación expedida polo/a secretario/a xeral da entidade local, relativa ao acordo, adoptado polo órgano competente, polo que se decide a solicitude da subvención para a dinamización lingüística e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta convocatoria.

d) No caso dos agrupamentos, deberán achegar as declaracións do anexo III todos os concellos que os forman.

e) De ser o caso, documento acreditativo do acordo de agrupamento realizado polo Pleno ou pola Xunta de Goberno de cada concello agrupado, así como do nomeamento dunha persoa que actuará como representante única, como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As entidades supramunicipais xa formadas deberán presentar a solicitude desde esa entidade.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Se a solicitude non cumpre os requisitos dos puntos anteriores ou non reúne os datos de identificación ou algún dos aspectos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirase a entidade ou o solicitante, de conformidade co establecido no artigo 68 da dita lei, para que nun prazo de dez (10) días emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida/o da súa petición, cos efectos previstos no artigo 21 da mesma lei.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

b) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I), así como, de ser o caso, no anexo III, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten documentos correspondentes.

Artigo 14. Publicidade

1. As entidades beneficiarias deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 15. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO III

Da instrución do procedemento

Artigo 16. Instrución do procedemento

O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no articulado básico da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu desenvolvemento, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O órgano instrutor do procedemento será o/a titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.

Artigo 17. Criterios de avaliación das solicitudes

Os criterios para a avaliación dos proxectos que se presenten a esta convocatoria, así como para a conseguinte concesión da subvención, estrutúranse como segue:

1. Criterios xerais:

Modalidade A. Creación dun servizo lingüístico (ata 90 puntos)

Pola pertenza do(dos) concello(s) á Rede de dinamización lingüística

25 puntos

Por poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes

(ata 15 puntos)

De 3.000-10.000 hab.

5 puntos

De 10.001-30.000 hab.

10 puntos

De 30.001 hab. en diante

15 puntos

Segundo a consideración estratéxica do servizo lingüístico (territorios especialmente desgaleguizados, de acordo cos últimos datos de coñecemento e uso do galego da Enquisa de condicións de vida das familias, publicados polo Instituto Galego de Estatística, ou territorios considerados de especial interese para a cobertura uniforme de Galicia)

(ata 15 puntos)

Cidades, agrupamentos e entidades locais das provincias de Ourense e Lugo

15 puntos

Vilas grandes

12 puntos

Vilas pequenas

7 puntos

Outros

5 puntos

Pola calidade da programación de dinamización lingüística (ata 25 puntos)

Por implicarse e colaborar, cando menos, no 60 % dos programas presentados, con outras entidades de incidencia no ámbito local cuxas achegas supoñan beneficios ou melloras na consecución dos obxectivos

(ata 9 puntos)

Lingüísticas

Ata 5 puntos

Non lingüísticas

Ata 6,5 puntos

Calidade

Ata 2,5 puntos

Pola súa incidencia nos ámbitos establecidos como prioritarios na convocatoria

(ata 8 puntos)

1

Nº actividades

Calidade

2

Nº actividades

Calidade

3

Nº actividades

Calidade

4

Nº actividades

Calidade

5

Nº actividades

Calidade

Pola adecuación de cada unha das propostas aos obxectivos de promoción do uso e dinamización social da lingua galega establecidos nesta orde

(ata 8 puntos)

1

2

3

4

5

Por incluír formación lingüística en galego

10 puntos

Modalidade B. Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico (ata 100 puntos)

Pola pertenza do(dos) concello(s) á Rede de dinamización lingüística

25 puntos

Por poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes

(ata 15 puntos)

De 3.000-10.000 hab.

5 puntos

De 10.001-30.000 hab.

10 puntos

De 30.001 hab. en diante

15 puntos

Pola continuidade do servizo lingüístico

(ata 10 puntos)

(establecerase a porcentaxe tempo/puntos, segundo a cal 24 meses = 10 puntos)

Segundo a consideración estratéxica do servizo lingüístico (territorios especialmente desgaleguizados, de acordo cos últimos datos de coñecemento e uso do galego da Enquisa de condicións de vida das familias, publicados polo Instituto Galego de Estatística, ou territorios considerados de especial interese para a cobertura uniforme de Galicia)

(ata 15 puntos)

Cidades, agrupamentos e entidades locais das provincias de Ourense e Lugo

15 puntos

Vilas grandes

12 puntos

Vilas pequenas

7 puntos

Outros

5 puntos

Pola calidade da programación de dinamización lingüística (ata 25 puntos)

Por implicarse e colaborar, cando menos, no 60 % dos programas presentados, con outras entidades de incidencia no ámbito local cuxas achegas supoñan beneficios ou melloras na consecución dos obxectivos

(ata 9 puntos)

Lingüísticas

Ata 5 puntos

Non lingüísticas

Ata 6,5 puntos

Calidade

Ata 2,5 puntos

Pola súa incidencia nos ámbitos establecidos como prioritarios na convocatoria

(ata 8 puntos)

1

Nº actividades

Calidade

2

Nº actividades

Calidade

3

Nº actividades

Calidade

4

Nº actividades

Calidade

5

Nº actividades

Calidade

Pola adecuación de cada unha das propostas aos obxectivos de promoción do uso e dinamización social da lingua galega establecidos nesta orde

(ata 8 puntos)

1

2

3

4

5

Por incluír formación lingüística en galego

10 puntos

Modalidade C. Dinamización lingüística de entidades locais carentes de servizo lingüístico (ata 40 puntos)

Pola pertenza do(dos) concello(s) á Rede de dinamización lingüística

15 puntos

Segundo a consideración estratéxica do servizo lingüístico (territorios especialmente desgaleguizados, de acordo cos últimos datos de coñecemento e uso do galego da Enquisa de condicións de vida das familias, publicados polo Instituto Galego de Estatística, ou territorios considerados de especial interese para a cobertura uniforme de Galicia)

(ata 7 puntos)

Cidades, agrupamentos e entidades locais das provincias de Ourense e Lugo

7 puntos

Vilas grandes

5 puntos

Vilas pequenas

3 puntos

Outros

1 punto

Pola calidade da programación de dinamización lingüística (ata 18 puntos)

Por implicarse e colaborar, cando menos, no 60 % dos programas presentados, con outras entidades de incidencia no ámbito local cuxas achegas supoñan beneficios ou melloras na consecución dos obxectivos

(ata 6 puntos)

Lingüísticas

Ata 2,5 puntos

Non lingüísticas

Ata 3,5 puntos

Calidade

Ata 2,5 puntos

Pola súa incidencia nos ámbitos establecidos como prioritarios na convocatoria

(ata 6 puntos)

1

Nº actividades

Calidade

2

Nº actividades

Calidade

3

Nº actividades

Calidade

4

Nº actividades

Calidade

5

Nº actividades

Calidade

Pola adecuación de cada unha das propostas aos obxectivos de promoción do uso e dinamización social da lingua galega establecidos nesta orde

(ata 6 puntos)

1

2

3

4

5

Nos programas de dinamización lingüística daráselles prioridade aos que teñan por obxecto incidir desde o ámbito local nas seguintes áreas:

Ámbito

Descrición de obxectivos

Deporte

– Lograr que o galego sexa a lingua de comunicación co público nas instalacións e nos acontecementos deportivos.

– Conseguir a plena galeguización nos colectivos, federacións e clubs do ámbito do deporte.

– Fomentar a presenza do galego na formación dos profesionais do deporte, de xeito que teñan competencia e actitudes favorables para desenvolveren o seu labor en lingua galega.

Mocidade

– Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego e superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.

– Fomentar todo tipo de creatividade de base en galego, como forma lúdica de galeguización e de creación de mercado cultural.

– Garantir que en galego haxa unha oferta ampla, diversificada, competitiva e atraente de produtos de cultura.

Tecnoloxías da información e da comunicación

– Fomentar a presenza do galego nas tecnoloxías da información e da comunicación.

– Ampliar a oferta de produtos tecnolóxicos e de recursos informáticos en galego.

– Potenciar a presenza da lingua galega na internet, con especial atención ás redes sociais.

Tecido económico empresarial

– Crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias.

– Estender o uso da lingua nas relacións laborais, comerciais e empresariais.

– Colaborar con entidades de fomento e impulso da economía (asociacións de comerciantes, centros comerciais abertos, asociacións de empresarios, cámaras de comercio, asociacións financeiras, colexios profesionais, etc.).

– Promover o establecemento da oferta positiva de atender o cliente en galego como práctica comercial habitual.

Servizos sociais

– Potenciar o uso da lingua galega como elemento optimizador do desenvolvemento laboral e de eficacia na prestación de servizos sociais, tanto públicos coma privados.

– Fomentar que os servizos sociais desenvolvan a súa actividade desde a práctica da oferta positiva de atender os seus usuarios en galego.

– Impulsar o uso da lingua galega nas institucións e nos organismos asistenciais e de servizos sociais, tanto dependentes da Administración como desenvolvidos por empresas privadas e organizacións sen fin de lucro.

– Asociar o uso do galego a valores determinantes e prestixiados por parte da sociedade actual.

Perspectiva de xénero e igualdade e a cultura inclusiva e accesible

– Promover a lingua galega en accións e actuacións que activen a concienciación da igualdade entre homes e mulleres, incluíndo a igualdade de trato e de oportunidades, o respecto á diversidade e á diferenza, a integración da perspectiva de xénero, accións positivas de xénero e o uso da linguaxe non sexista, así como a cultura inclusiva e accesible, entendida esta non só na súa vertente de superación ou eliminación de barreiras físicas senón na súa dimensión máis ampla e de carácter universal, na cal cobrará protagonismo a eliminación de atrancos comunicativos e cognitivos.

2. Criterios prioritarios:

1º. A puntuación final das solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar, agás a fusión municipal) incrementarase ata un 30 %, de acordo cos seguintes aspectos:

a) Pola presentación da solicitude conxunta, cando vaia acompañada dunha memoria explicativa da realización e do financiamento conxunto da actuación, incrementarase un 10 %.

b) En función do número de concellos asociados ou da poboación beneficiaria ou destinataria das obras ou servizos, poderá incrementarse ata un 10 %.

• Número de concellos asociados: ata un 4 %.

• Repercusión do proxecto tendo en conta a cifra de poboación dos concellos participantes: por incluír no agrupamento algún concello de poboación inferior aos 3.000 habitantes: ata un 6 %.

c) Pola presentación e valoración dunha memoria de aforro de custos respecto das solicitudes presentadas de modo individual poderá incrementarse ata un 10 %.

2º. No caso de presentación de solicitudes por parte da entidade resultante dunha fusión de concellos, a súa puntuación final poderá incrementarse ata un 30 %.

3º. Pola presentación de programas que desenvolvan accións previstas nos ámbitos de actuación do Plan de normalización da lingua galega para promover e dinamizar a lingua galega ou incrementar bens ou servizos en galego nos seguintes eidos: tecido económico empresarial, mocidade, neofalantes, transmisión xeracional da lingua e o fomento da igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Para cada un dos cinco eidos de acción previstos no parágrafo anterior incrementarase a puntuación final ata un 20 %.

4º. A puntuación que se lle asigne a cada proxecto obterase coa aplicación proporcional dos tramos do baremo e dos criterios prioritarios anteriormente descritos, do cal resultará que cada unha das subvencións propostas se determinará establecendo a proporción entre os puntos conseguidos e a dotación económica total da convocatoria.

Artigo 18. Comisión de Valoración

1. Aquelas solicitudes que cumpran cos requisitos desta convocatoria serán analizadas pola Comisión de Valoración que se creará para tal fin, segundo os criterios de avaliación establecidos no artigo 16 desta orde.

2. Esta comisión estará integrada polos seguintes membros:

a) Presidente/a: a persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística ou persoa en quen delegue.

b) Secretario/a: un membro da Secretaría Xeral de Política Lingüística, con voz pero sen voto.

c) Vogais: un máximo de tres funcionarios/as e/ou técnicos/as da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

d) A persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local ou persoa en quen delegue.

Todos/as os/as vogais e o/a secretario/a serán nomeados/as pola persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

3. A Comisión de Valoración ten atribuídas as seguintes funcións:

a) Informar e valorar as solicitudes, de conformidade cos criterios de valoración establecidos nesta convocatoria. Para iso poderán contar cos informes técnicos dunha comisión de persoal experto nomeada pola persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

b) Emitir un informe segundo o cal o órgano instrutor formulará a proposta de resolución.

4. A Comisión quedará validamente constituída coa presenza do/da presidente/a, do/da secretario/a e da metade dos seus membros, conforme o establecido no artigo 17.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e no artigo 19.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG núm. 251, do 31 de decembro). No non previsto nesta convocatoria, o funcionamento da Comisión axustarase ao réxime establecido na sección 3ª do título preliminar, capítulo II, da Lei 40/2015, e no título I, capítulo I, sección 3ª, da Lei 16/2010.

Artigo 19. Proposta de resolución

A Comisión de Valoración realizará un informe coa relación de solicitantes en que se especifique a súa puntuación de acordo cos criterios establecidos na convocatoria. Así mesmo, o órgano instrutor do procedemento formulará a correspondente proposta de resolución das subvencións e a súa contía que, xunto co informe da Comisión, elevará á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen resolverá, segundo o indicado na disposición adicional única desta convocatoria.

Artigo 20. Resolución e publicación

1. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, con expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputen, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web oficial (www.lingua.gal) a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación desta solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na dita páxina web, de conformidade co artigo 4.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, que resolverá segundo o indicado na disposición adicional única desta convocatoria, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

3. O prazo máximo para resolver o procedemento será de cinco (5) meses, contados a partir da publicación desta convocatoria. Transcorrido este prazo sen que se publique resolución expresa, poderase entender que esta é desestimatoria por silencio administrativo da solicitude de concesión da subvención.

Artigo 21. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuarase só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

CAPÍTULO IV

Terminación do procedemento

Artigo 22. Renuncia á subvención

1. A entidade local beneficiaria dispoñerá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da subvención no Diario Oficial de Galicia, para comunicar a non aceptación das condicións contidas nela, se é o caso.

2. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

3. Estas subvencións son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. Porén, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 23. Xustificación da subvención

1. As entidades locais beneficiarias da subvención, unha vez concedida esta, quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, de acordo co proxecto achegado na solicitude. A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

2. As datas dos gastos que se efectúen deberán estar comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2024.

3. O prazo de xustificación remata o día 21 de outubro de 2024. Para recibir a subvención, as entidades locais beneficiarias deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, co límite da dita data, a documentación xustificativa dos gastos realizados, de acordo coa resolución de concesión e nos termos expresados no proxecto presentado, por un valor mínimo equivalente ao da axuda outorgada, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), que non é subvencionable.

4. Con carácter xeral, considerarase gasto realizado cando se contabilizase o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

5. As entidades locais beneficiarias están obrigadas a presentar a seguinte documentación:

1º. Certificación da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade dos gastos totais que se lle imputan á subvención e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co previsto no artigo 28.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos artigos 8 e 9 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2º. A conta xustificativa, que conterá:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

• O cumprimento da finalidade da subvención.

• Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria, imputables á actuación subvencionada, coa seguinte relación: identificación do/da acredor/a, número de factura ou documento equivalente, importe sen IVE, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. No que se refire aos gastos de persoal, deberanse desagregar por meses, indicando o nome do persoal técnico, o importe bruto, o custo da Seguridade Social, o importe líquido e a data de pagamento. Non se exixe a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Os gastos efectuados deberán estar directamente relacionados coas actividades que se desenvolvan. E así, nos conceptos da facturación e dos xustificantes de gasto deberá aparecer a denominación da actividade de dinamización lingüística en que se enmarcan e, cando se trate de gastos xenéricos ou de difícil identificación, terán que xuntar un certificado expedido polo/a interventor/a ou órgano de contratación da entidade local no cal se faga constar expresamente tal circunstancia, ademais do emisor, do número, da data de expedición e do importe do gasto de que se trate.

b) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

c) De ser o caso, os tres orzamentos que se requiren en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3º. Unha memoria descritiva das accións para as cales foi concedida a axuda solicitada (contratación de persoal técnico e a realización de campañas, programas ou actividades de dinamización), así como a mostra de cada un dos recursos, publicacións e materiais producidos en soporte dixital, e unha relación de todos eles (anexo IV). De o considerar necesario, poderán engadir un documento descritivo que recolla e amplíe o contido da citada memoria xustificativa.

Con respecto a estas mostras, cando se trate de produtos audiovisuais (vídeos), o formato será MP4 con resolución para web, mais tamén se admitirán outros formatos (MPG, MOV, AVI, WMV e EPUB3).

No caso de produtos só de audio, o formato será MP3 e tamén se admitirán outros formatos coa mesma calidade.

No caso de libros dixitais ou produtos só de texto ou imaxe, admitirase o formato pdf de calidade estándar ou EPUB3.

Todos os recursos, publicacións e materiais presenciais ou dixitais deberán integrar a lingua galega, oral ou escrita, estar redactados en galego e aterse, no tocante á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. En todos os recursos, publicacións e materiais subvencionados debe figurar impreso o patrocinio da Xunta de Galicia a través do seu logotipo, de acordo cos criterios establecidos no Manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia, así como no Decreto 112/2021, do 22 de xullo (DOG núm. 146, do 6 de agosto), polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.

As ligazóns de descarga dos logos que deben figurar están no Manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal

Nos produtos dixitais, o logo debe aparecer nos créditos finais.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, logo de comunicación e acordo coa entidade titular, reserva para si a posibilidade de difundir aquelas actividades de maior interese para a promoción da lingua galega, dentro da Rede de dinamización lingüística.

4º. Anexo V (no caso de agrupamentos, deberán achegar as declaracións deste anexo todos os concellos que os forman).

5º. Ademais da documentación citada, e con carácter específico segundo as distintas modalidades, deberán achegar o seguinte:

1. No caso de que a subvención se conceda para a creación de novos servizos lingüísticos:

• Certificación da persoa responsable da Secretaría ou Secretaría-Intervención da entidade local, en que se fagan constar a realización da contratación, a duración desta, o pagamento das retribucións e a categoría profesional do persoal técnico dos servizos lingüísticos locais.

• Copia da titulación requirida e, se é o caso, do Celga 5.

2. No caso das axudas para o mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico xa existente:

• Certificación da persoa responsable da Secretaría ou Secretaría-Intervención da entidade, conforme o servizo lingüístico estaba xa creado na data de publicación desta convocatoria, na cal se indiquen expresamente a data de creación do servizo lingüístico, o pagamento das retribucións e a categoría profesional do persoal técnico dos servizos lingüísticos locais.

• Copia da titulación requirida e, se é o caso, do Celga 5.

6º. As entidades locais poderán concertar con terceiros a execución parcial ou total da actuación que constitúa o obxecto da axuda e asumirán a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada.

7º. Transcorrido o prazo establecido no punto 3 deste artigo sen ter presentados as xustificacións, logo do oportuno requirimento, revogarase a concesión das subvencións ás entidades locais que corresponda. Neste suposto, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co previsto no artigo 95 da Lei 39/2015, acordará, así mesmo, o arquivamento das actuacións e a caducidade do procedemento.

8º. As entidades locais beneficiarias están obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais, contados a partir da data do ingreso da subvención concedida na súa conta bancaria.

Para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, ou por calquera outro medio de proba que acredite a realización do pagamento, segundo especifican os artigos 42 e 49 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de que o pagamento se realice mediante banca electrónica, o xustificante da transferencia bancaria deberá presentarse asinado electronicamente pola persoa representante da entidade local beneficiaria das subvencións.

9º. As entidades locais beneficiarias deberán ter en conta que a xustificación dos gastos deberá ser coherente co contido da solicitude de subvencións, respectando os conceptos e a proporcionalidade que figuren na solicitude (persoal, actividades de dinamización lingüística, cursos). Así mesmo, a documentación achegada deberá corresponderse coa indicada na conta xustificativa presentada segundo o número 5.2 deste artigo.

Artigo 24. Pagamento

1. O importe da subvención concedida aboarase mediante un pagamento único unha vez que se achegue a xustificación correctamente.

2. Se o importe xustificado é inferior ao da subvención concedida, esta minorarase ata a contía realmente xustificada.

3. A contía fixada na resolución poderá ser revisada á baixa polo órgano responsable da concesión da axuda, se a xustificación do proxecto non concorda co inicialmente declarado na solicitude. O novo importe da subvención virá determinado pola minoración da puntuación inicial na epígrafe correspondente á Calidade da programación de dinamización lingüística, segundo os criterios de avaliación de solicitudes e determinación da contía da subvención reflectidos no artigo 16, logo do informe aprobado pola Comisión de Valoración.

4. No caso de que se lle conceda outra subvención para o mesmo proxecto no prazo de vixencia desta convocatoria, a entidade terá que comunicarllo á Administración. A este respecto, é de aplicación o disposto no artigo 11.d) e no 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o cal o importe da subvención se minorará cando a súa contía, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, supere o 100 % do custo da actividade subvencionada.

Artigo 25. Outras obrigas

As entidades beneficiarias teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 26. Incumprimento

Calquera alteración dos datos que figuran no impreso de solicitude e calquera outro incumprimento das normas contidas nesta orde terá como consecuencia a revogación da axuda logo da audiencia á entidade interesada, e esta, se é o caso, terá que reintegrar as cantidades percibidas e os xuros de demora xerados desde o momento do seu pagamento, de acordo co estipulado no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal, epígrafe Convocatorias).

b) Nos teléfonos 881 99 63 25/881 99 63 31/881 99 63 23 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

c) No enderezo electrónico: sxpl.subvencions@xunta.gal

d) En calquera das dependencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística (na rúa de San Roque, 2, en Santiago de Compostela, ou nos gabinetes das xefaturas territoriais).

Disposición adicional única

Delégase expresamente no secretario xeral de Política Lingüística o exercicio das facultades que a normativa en materia de axudas e subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva lle atribúe á persoa titular da Consellería.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Normativa aplicable

En todo o non previsto nesta orde rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ademais de no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file