DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2024 Páx. 21326

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2024 pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 20 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 186, do 29 de setembro) pola que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo III, na categoría de administrativo.

En virtude da Resolución do 20 de setembro de 2023 (DOG núm. 186, do 29 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo III, na categoría de administrativo, da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Entre os requisitos das persoas aspirantes que se recollen no punto 1.2 das bases da convocatoria, o subpunto 1.2.4 recolle o coñecemento da lingua galega, polo que o aspirante deberá estar en posesión do titulo do Celga correspondente en función do grupo profesional, no caso do grupo III, o Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega e, na súa falta, aquelas persoas que non acheguen a titulación anteriormente indicada deberán superar unha proba de coñecemento de lingua galega nos termos que se establecen na base II, que terá carácter eliminatorio.

No DOG número 181, do 22 de setembro de 2023, publicouse a Resolución do 15 de setembro de 2023, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento de lingua galega dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, nivel Celga 4, en que figura como non apto un aspirante a unha praza do grupo III, na categoría de administrativo/a, na entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Polo exposto, confirmada a firmeza da dita resolución, e vista a proposta do tribunal, formulada ao abeiro do punto 1.4.3.10 das bases do procedemento selectivo,

DISPOÑO:

Excluír a seguinte persoa na relación definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no grupo III, na categoría de administrativo, na entidade pública empresarial Portos de Galicia.

DNI

Apelidos e nome

Causa da exclusión

***5709**

Lema Fuentes, Víctor

Non superar a proba de coñecemento de lingua galega

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia