DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2024 Páx. 21297

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba e bombeiro/a forestal do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fai pública a relación de dous novos aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2024, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba e bombeiro/a forestal do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

RESOLVEU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 195, do 13 de outubro), este tribunal acordou elevar ao director xeral de Función Pública a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

A Dirección Xeral da Función Pública requiriulle a este tribunal que propuxese dúas novas persoas aspirantes, xa que renuncian ao seu dereito para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira no subgrupo, corpo e especialidade correspondente, na especialidade de bombeiro/a forestal:

DNI

Nome e apelidos

Especialidade

***6936**

Cortiñas Fernández, Juan

Bombeiro forestal, quenda libre

***2836**

Macía Diéguez, Manuel

Bombeiro forestal, quenda libre

De conformidade coa base II.3 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación obtidas na fase de oposición e na fase de concurso.

Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas. Para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 195, do 13 de outubro), e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación das dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupan as posicións que se reflicten no anexo na orde de persoas aspirantes aprobadas, e renumerar a orde a partir do posto número 38 na especialidade de bombeiro forestal.

Segundo. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas dúas persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal

ANEXO

Especialidade bombeiro forestal quenda libre

Núm.

NIF

1º apelido

2º apelido

Nome

Acceso

Nota

Baremo

Total

107

***6475**

Soñora

Vidal

Isaac

L

45,51

11,56

57,07

108

***4619**

Porto

Varela

Sebastián

L

50,45

6,6

57,05