DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2024 Páx. 21373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para unha vacante de arquitecto/a (OEP 2022).

No BOP da Coruña núm. 42, do 28 de febreiro de 2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, unha praza de arquitecto/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, por oposición libre.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.

Fene, 28 de febreiro de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde