DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21445

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do acordo de prorrogar a adhesión do persoal da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica ao convenio do persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacions públicas e empresas públicas ata que o persoal da fundación se adhira ao novo convenio de fundacións de investigación unha vez negociado este.

Visto o texto do acordo de prorrogar a adhesión do persoal da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica ao convenio do persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas e empresas públicas ata que o persoal da fundación se adhira ao novo convenio de fundacións de investigación unha vez negociado este, que se subscribiu con data do 29 de decembro de 2023, entre a representación da fundación e o comité de empresa, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Dunha parte:

Ángel Carracedo Álvarez, na súa condición de director executivo da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX).

Doutra:

Os membros do Comité de Empresa da FPGMX integrado por:

Eva Esteban, presidenta do Comité de Empresa da Fundación (CSIF).

Vanesa Álvarez, delegada do Comité de Empresa da Fundación (CIG).

Margarita Formoso, delegada do Comité de Empresa da Fundación (CIG).

Rocío González, delegada do Comité de Empresa da Fundación (CC.OO.).

Emilio Nogueira, delegado do Comité de Empresa da Fundación (CC.OO.).

EXPOÑEN:

Que, tal como se acordou na reunión do 21.12.2023, a FPGMX deu traslado ao Padroado da Fundación do escrito do Comité de Empresa do 22.12.2023 dirixido a este, tal e como foi solicitado como requisito previo para asinar a prórroga da adhesión ao convenio do persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas e empresas públicas, máis alá do 31.12.2023, acordado o 31.5.2023.

ACORDAN:

Con base no exposto, as partes acordan prorrogar a adhesión ao convenio do persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas e empresas públicas ata que o persoal da Fundación se adhira ao novo convenio de fundacións de investigación unha vez negociado este.

En Santiago de Compostela o vinte e nove de decembro de dous mil vinte e tres.