DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21387

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2023.

A Orde do 1 de decembro de 2022, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, estableceu as bases e convocou para o ano 2023 as axudas para paliar os danos producidos polo lobo.

Segundo o disposto no seu artigo 22.5, a relación das axudas concedidas publicarase no Diario Oficial de Galicia cando o importe destas, individualmente consideradas, sexa igual ou superior aos 3.000 €. Para as de contía inferior, a relación das concedidas e denegadas farase pública a través da páxina web da consellería, nos termos establecidos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Facer públicas na páxina web da consellería as axudas de contía inferior aos 3.000 €, así como as denegadas, cuxa ligazón é:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=infolobo_galicia.html&sub=publicacions_biodiversidade/

2. Facer pública a aprobación das axudas de contía superior aos 3.000 €, que se relacionan como anexo a esta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as cales a directora xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no desenvolvemento das súas funcións, delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2023.

b) Aplicación orzamentaria: 08.03.541B.470.1.

c) Finalidade da axuda: compensación polos danos ocasionados polos ataques do lobo ás reses das explotacións gandeiras.

d) Destinatarios: propietarios de reses de explotacións gandeiras.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Nome do/da beneficiario/a

Importe (€)

Data de
resolución

CO/2023.014

Casa Raña SAT nº 1037 Xuga

4.109,30 €

27.4.2023

CO/2023.021

Ganadería Casa Pardo, S.C.

4.109,30 €

27.4.2023

CO/2023.034

Casa Raña SAT nº 1037 Xuga

4.109,30 €

27.4.2023

CO/2023.048

Manuel Andrade García

3.073,20 €

31.5.2023

CO/2023.161

Ganadería Casal Vilar, S.L.

4.109,30 €

16.10.2023

CO/2023.174

Ganadería Casa Balexo, S.C.

4.109,30 €

11.10.2023

CO/2023.175

José Manuel Bascoy Sánchez y otro, S.C.

4.109,30 €

11.10.2023

CO/2023.199

José Manuel Aller Casal

3.454,10 €

16.10.2023

CO/2023.220

Barqueiro, S.C.

4.527,86 €

20.11.2023

CO/2023.222

Atan Os Carballos, Sociedade Cooperativa Galega

3.073,20 €

20.11.2023

CO/2023.247

Atan Os Carballos, Sociedade Cooperativa Galega

4.109,30 €

15.2.2024

LU/2023.038

Vacas de Chandeiros, S.C.

3.204,50 €

13.5.2023

LU/2023.218

Ganadería Carballeiro, S.L.

4.109,30 €

8.6.2023

LU/2023.242

Daniel Delgado Paz

4.109,30 €

8.6.2023

LU/2023.526

Federico Rivas Riva

4.338,60 €

11.10.2023

LU/2023.577

Javier Blanco Escarcega

5.846,41 €

25.10.2023

LU/2023.683

Ganadería Amoras, S.C.

4.109,30 €

20.11.2023