DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21481

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

O actual funcionamento da Administración pública é froito dunha importante evolución provocada polas innovacións tecnolóxicas e polas demandas sociais de cambios no sector público. Estes dous factores derivaron na aprobación, tanto a nivel estatal como autonómico, de importantes normas como as leis 39 e 40/2015, do 1 de outubro, que crearon un marco xurídico en que se establece, para un amplo grupo de suxeitos, a obriga de relacionarse electronicamente coa Administración e para que o persoal desta asista a cidadanía no uso dos medios telemáticos.

Pola súa parte, na nosa comunidade autónoma, as actuacións desenvoltas no Plan de administración e goberno dixitais. Horizonte 2020 permitiron reforzar a posta en marcha de sistemas e medidas para o desenvolvemento dos servizos públicos dixitais, tanto no funcionamento e organización interna da Administración como nas relacións coa cidadanía e outras administracións. Dentro das previsións de continuidade das actuacións do dito plan, inclúese o impulso das actuacións de capacitación do persoal empregado público para a adecuada utilización dos medios dixitais.

Por outro lado, o 6 de decembro de 2018 publicouse a actual Lei orgánica de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, lei que, xunto co actual Regulamento europeo de protección de datos, amplía os dereitos da cidadanía neste eido e introduce importantes novidades, coma o dereito ao esquecemento ou o dereito á portabilidade, dereitos que melloran a capacidade de decisión e control da cidadanía sobre os datos persoais que confían a terceiros.

É obvio que neste contexto de cambios constantes e rápidos, en que as novas tecnoloxías son un alicerce fundamental, a formación do persoal empregado público en materia de administración electrónica é imprescindible para conseguir os anteditos obxectivos e, por tal razón, a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) subscribiron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de formación neste eido.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, o de bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non se entende por este último o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario na ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 12 de abril de 2024.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na súa área de matrícula todos os campos marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As ditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións, e particularmente a súa compartición en redes sociais xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo e DOG núm. 148, do 4 de agosto), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2024 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 31 de xaneiro (DOG núm. 29, do 9 de febreiro), comezarase pola letra H.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase ao día seguinte do remate do prazo de matrícula e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

1. Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

2. Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

3. Por razóns de conciliación familiar.

4. Por outras causas xustificadas documentalmente.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1) Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2) Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación.

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade agás que o incumprimento teña algunha das causas indicadas no punto 2.b).

Oitava. Superación da actividade

a) Para poder superar estas actividades presenciais e de telepresenza, o alumnado deberá cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no punto 3.1 letra c) e superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan. As probas desenvolveranse con carácter xeral na modalidade en liña.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final que se realizará en liña.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP e a Amtega resolverán aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A EGAP e a Amtega poderán modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

3. Naquelas actividades en que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e a Amtega reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, ou agrupar varias edicións, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

5. A EGAP e a Amtega garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Data de inicio

Data de remate

Data e hora
do exame final

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

CV24017

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

40

50

Teleformación

22.4.2024

1.6.2024

5.6.2024 ás
17.00 horas

29.4.2024

7.6.2024

12.6.2024 ás 18.30 horas

CV24017

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

40

50

Teleformación

6.5.2024

14.6.2024

18.6.2024 ás 18.00 horas

CV24017

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

40

50

Teleformación

12.9.2024

23.10.2024

28.10.2024 ás 18.00 horas

9.10.2024

18.11.2024

21.11.2024 ás 18.00 horas

CV24018

Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

22.4.2024

13.5.2024

16.5.2024 ás 18.00 horas

27.5.2024

30.5.2024 ás 19.00 horas

29.5.2024

21.6.2024

26.6.2024 ás 18.00 horas

CV24018

Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

11.9.2024

2.10.2024

7.10.2024 ás 17.00 horas

CV24018

Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

2.10.2024

23.10.2024

28.10.2024 ás 18.30 horas

CV24018

Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

6.11.2024

26.11.2024

29.11.2024 ás 17.00 horas

CV24019

Esquema nacional de seguridade para responsables de servizos e da información e coordinadores de seguridade

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que teñan responsabilidades sobre servizos.información que se prestan ou están dispoñibles mediante as TIC.

25

50

Teleformación

6.5.2024

31.5.2024

4.6.2024 ás 17.00 horas

CV24021

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

6.5.2024

26.5.2024

29.5.2024 ás 18.00 horas

CV24021

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

3.6.2024

23.6.2024

27.6.2024 ás 18.00 horas

CV24021

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

9.9.2024

29.9.2024

3.10.2024 ás 16.30 horas

CV24021

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

7.10.2024

26.10.2024

30.10.2024 ás 18.30 horas

CV24022

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e relación coa cidadanía

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 27.5.2024 ao 28.6.2024

sesións de telepresenza: 5 e 19 de xuño das 12.00 ás 14.00 horas

3.7.2024 ás

17.30 horas

CV24022

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e relación coa cidadanía

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 30.9.2024 ao 31.10.2024

sesións de telepresenza: 4 e 18 de outubro das 9.00 ás 11.00 horas

5.11.2024 ás

17.30 horas

CV24023

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e xestión electrónica documental na tramitación administrativa

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 27.5.2024 ao 28.6.2024

sesións de telepresenza: 3 e 21 de xuño das 12.00 ás 14.00 horas

6.7.2024 ás

18.00 horas

CV24023

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e xestión electrónica documental na tramitación administrativa

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 1.10.2024 ao 31.10.2024

sesións de telepresenza: 14 e 21 outubro das 9.00 ás 11.00 horas

5.11.2024 ás

18.00 horas

CV24024

Implantación da administración electrónica na Xunta de Galicia. Tramitación de expedientes administrativos (w@ndA)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 27.5.2024 ao 21.6.2024

sesións de telepresenza: 6 e 13 de xuño das 12.00 ás 14.00 horas

26.6.2024 ás

19.30 horas

CV24024

Implantación da administración electrónica na Xunta de Galicia. Tramitación de expedientes administrativos (w@ndA)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 30.9.2024 ao 25.10.2024

sesións de telepresenza: 7 e 21 de outubro das 12.00 ás 14.00 horas

30.10.2024 ás

18.00 horas

CV24027

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

29.4.2024

28.5.2024

31.5.2024 ás

18.00 horas

CV24027

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

14.5.2024

12.6.2024

17.6.2024 ás

19.00 horas

22.5.2024

21.6.2024

26.6.2024 ás

17.00 horas

CV24027

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

12.9.2024

13.10.2024

17.10.2024 ás

16.30 horas

CV24027

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

25.9.2024

25.10.2024

29.10.2024 ás

17.00 horas

CV24027

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

24.10.2024

25.11.2024

28.11.2024 ás

19.00 horas

CV24030

Seguridade da información na Xunta de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

22.4.2024

22.5.2024

27.5.2024 ás

21.5.2024

20.6.2024

25.6.2024 ás

16.9.2024

16.10.2024

21.10.2024 ás

18.30 horas

15.10.2024

14.11.2024

19.11.2024 ás

18.30 horas

CV24031

Sistema electrónico de facturación (SEF)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 22.4.2024 ao 20.5.2024

Sesións de telepresenza: 23 e 30 abril das 10.00 ás 11.30 horas; e 25 abril das 10.00 ás 13.00 horas

23.5.2024 ás

18.00 horas

CV24032

Sistemas para a contratación electrónica

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

22.4.2024

21.5.2024

24.5.2024 ás

18.00 horas

CV24033

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no contexto da Lei 39/2015: enfoque práctico e aspectos xurídicos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 20.5.2024 ao 26.6.2024

sesións de telepresenza: 28 de maio e 4, 11 e 18 de xuño das 9.00 ás 12.00 horas

3.7.2024 ás

17.00 horas

CV24033

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no contexto da Lei 39/2015: enfoque práctico e aspectos xurídicos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 1.10.2024 ao 12.11.2024

sesións de telepresenza: 8, 15 e 22 de outubro e 6 de novembro das 9.00 ás 12.00 horas

15.11.2024 ás

17.30 horas

CV24034

Uso avanzado do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 1.10.2024 ao 30.10.2024

sesións de telepresenza: 3, 10 e 17 de outubro das 9.00 ás 11.00 horas

5.11.2024 ás

18.30 horas

CV24035

Uso avanzado do xestor de expedientes de contratación (Plation)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 4.11.2024 ao 29.11.2024

sesións de telepresenza: 6, 13 e 20 de novembro das 9.00 ás 11.00 horas

3.12.2024 ás

17.00 horas

CV24036

Tramitación de expedientes por fases no Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

14

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 1.10.2024 ao 10.10.2024

sesións de telepresenza: 2 e 8 de outubro das 9.00 ás 11.00 horas

15.10.2024

ás 18.30 horas

CV24045

Administración dixital: accesibilidade e usabilidade dos sistemas dixitais. Conceptos e casos prácticos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 28.10.2024 ao 22.11.2024

sesións de telepresenza: 12 e 19 de novembro das 9.00 ás 11.00 horas

26.11.2024

ás 17.00 horas

CV24046

Administración dixital: automatización de procesos e robotización aplicada á xestión pública. Conceptos e casos prácticos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 18.9.2024 ao 14.10.2024 Sesións de telepresenza: 2 e 9 de outubro das 9.00 ás 11.00 horas

18.10.2024 ás

17.00 horas

CV24046

Administración dixital: automatización de procesos e robotización aplicada á xestión pública. Conceptos e casos prácticos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 21.10.2024 ao 15.11.2024

sesións de telepresenza: 30 de outubro e 6 de novembro das 9.00 ás 11.00 horas

20.11.2024 ás

17.00 horas

CV24047

Administración dixital: introdución aos sistemas de análises de datos. Conceptos e casos prácticos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Mixto

Teleformación+

telepresenza

Do 4.10.2024 ao 30.10.2024 sesións de telepresenza: 21 e 28 de outubro das 9.00 ás 11.00 horas

5.11.2024 ás

17.00 horas

CV24048

Canle dixital do emprego público Fides

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

16.9.2024

16.10.2024

21.10.2024 ás 19.00 horas

Tecnoloxías da información e comunicación (TIC)

CV24020

Ferramentas para o teletraballo na Administración de xustiza

Persoal empregado público e persoal que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

20

50

Teleformación

6.5.2024

26.5.2024

29.5.2024 ás

3.10.2024 ás

16.30 horas

CV24020

Ferramentas para o teletraballo na Administración de xustiza

Persoal empregado público e persoal que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

20

50

Teleformación

7.10.2024

26.10.2024

30.10.2024 ás 18.30 horas

CV24025

Implantación do expediente xudicial electrónico: persoal de auxilio

Persoal empregado público e persoal que integran as bolsas de interinos dos corpos de auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoal ao servizo da Amtega.

30

50

Teleformación

27.5.2024

28.6.2024

2.7.2024 ás

30.9.2024

30.10.2024

4.11.2024 ás

18.00 horas

CV24026

Implantación do expediente xudicial electrónico: persoal xestor e tramitador

Persoal empregado público e persoal que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoal ao servizo da Amtega.

30

50

Teleformación

7.5.2024

6.6.2024

11.6.2024 ás

CV24028

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais na Administración de Xustiza

Persoal empregado público e persoal que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

21.5.2024

20.6.2024

25.6.2024 ás

19.00 horas

CV24028

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais na Administración de xustiza

Persoal empregado público e persoal que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

15.10.2024

14.11.2024

19.11.2024 ás

18.00 horas

CV24029

Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia

Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

13.5.2024

12.6.2024

17.6.2024 ás

18.00 horas

CV24029

Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia

Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

16.9.2024

16.10.2024

21.10.2024 ás 18.00 horas