DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 6 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello da Laracha (expediente IN407A 2023/131-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT Proame e reforma da RBT, no concello da Laracha (expediente IN407A 2023/131-1), pola Resolución desta xefatura territorial, do 2 de febreiro de 2024, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L.U., con enderezo na avenida de Arteixo, 19, 1º dereita, 15004 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o 10 de xuño de 2024, para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán, xunto con esta resolución, no taboleiro de edictos do Concello da Laracha, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 27.6.2023, no BOP do 8.6.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 10.6.2023, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles efectuará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da Casa do Concello da Laracha.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña