DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21954

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da convocatoria de tres prazas de oficial de emerxencias polo sistema de concurso-oposición en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 231, do 4 de decembro de 2023, publicáronse as bases relativas á seguinte convocatoria:

– 3 prazas de oficial de emerxencias (subgrupo C1), polo sistema de concurso-oposición en quenda libre, dentro da oferta de emprego público ordinaria de 2022.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Carballo, 11 de marzo de 2024

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde