DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22041

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2024 pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala técnica administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 15 de febreiro de 2024 (DOG núm. 40, do 26 de febreiro) convocouse un proceso selectivo para o ingreso na escala técnica administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna da Universidade de Vigo.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos Estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, que estará exposta no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo e, a título informativo, na seguinte páxina web:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas

Segundo. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para a emenda dos defectos que motivaron a exclusión ou a omisión. Quen, nese prazo, non emende a exclusión ou xustifique o dereito á súa inclusión na relación de persoas admitidas será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Vigo, 22 de marzo de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo