DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22180

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2024, do tribunal cualificador proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019, pola que se modifica e se fai pública a relación dunha nova aspirante que superou o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 22 de marzo de 2024, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro),

RESOLVEU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 2 de marzo de 2023 (DOG núm. 51, do 14 de marzo), este tribunal acordou elevar ao director xeral da Función Pública a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela. Esta relación foi modificada pola Resolución do 24 de maio de 2023 deste tribunal cualificador, publicada no DOG núm. 104, do 2 de xuño, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso, se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e se fai pública a relación de catro novos aspirantes que superaron o proceso selectivo, e pola Resolución do 22 de agosto de 2023, publicada no DOG núm. 166, do 1 de setembro, pola que se nomean dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Por escrito da Dirección Xeral da Función Pública, do 18 de marzo de 2024, comunicase que se lle nega a reserva de praza a Mª del Carmen Barreiros Dosíl, no destino provisional na residencia asistida de maiores Volta do Castro en Santiago de Compostela, código do posto PS.C99.40.802.15770.113. Polo tanto, requíreselle a este tribunal que propoña unha relación complementaria coa persoa que siga por puntuación á proposta.

De conformidade coa base II.3 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 2 de marzo de 2023 (DOG núm. 51, do 14 de marzo) e modificada pola Resolución do 24 de maio de 2023 (DOG núm. 104, do 2 de xuño), pola que se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e se fai pública a relación de catro novas persoas aspirantes, e pola Resolución do 22 de agosto de 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro), pola que se nomean dúas novas persoas aspirantes, e facer pública, como anexo a esta resolución, a nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

Segundo. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta persoa dispón dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

Regina Martín de Vidales Delgado
Presidenta do tribunal

ANEXO

Acceso

DNI

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

Concurso

Total

Libre

***3025**

Serrano Eiroa, Mónica

33,19

Exento/a

4,60

37,79