DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22167

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2024/25.

Co obxecto de estender o Programa de plurilingüismo ao segundo ciclo da educación infantil para o curso 2024/25, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e a convocatoria de incorporación de centros para participar no Programa de ensinanzas plurilingües no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2024/25.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2024 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros que desexen impartir o programa Plurinfantil deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2024

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa