Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 58, do 21 de marzo de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:
Nas páxinas 20231 e 20232, onde di:
«Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, con tres respostas alternativas, das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque de coñecementos específicos que figura no programa que se relaciona no anexo II.
O tempo para a realización deste exercicio será de 125 minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo do 60% do total das respostas correctas, que supón unha valoración de 15 puntos».
Debe dicir:
«Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, con tres respostas alternativas das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque común e ao de coñecementos específicos que figura no programa que se relaciona no anexo II.
O tempo para a realización deste exercicio será de 125 minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo do 60 % do total das respostas correctas, que supón unha valoración de 15 puntos».