DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras para a provisión en propiedade de dezaoito (18) prazas de administrativa/o, da escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo de titulación C1, funcionario de carreira, polas quendas de promoción interna e promoción interna-reserva de prazas para persoas con discapacidade, polo procedemento de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 195, do 11 de outubro de 2023, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade de dezaoito (18) prazas de administrativa/o, da escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo de titulación C1, funcionario de carreira, polas quendas de promoción interna e promoción interna-reserva de prazas para persoas con discapacidade, polo procedemento de concurso-oposición no Concello de Culleredo, aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do día 26 de xullo de 2023.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 15 de marzo de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución núm.1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior